Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2015/2016
Palavrar a lingua
Denominación da actividade: "Primeiras Xornadas de Innovación Educativa: palavrar a lingua"

Modalidade formativa: Obradoiro (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013)

Área: Integración didáctica das TIC. Recursos didácticos. Dinamización lingüistica. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Obxectivos da actividade:
  • Dar a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua e da súa normalización, indagando no desenvolvemento de proxectos dinamizadores da mesma.
  • Estimular o gusto polo traballo da lingua e propiciar actitudes favorábeis no profesorado e no alumnado en relación ao mesmo.
  • Afondar no papel da escola como suxeito tranformador e favorecedor da realidade sociolingüística e cultural da comunidade educativa en que se insire a súa actividade.
  • Promover a oralidade, a lectura e o contacto interxeracional nas proposta normalizadoras asociadas á innovación pedagóxica.
  • Reflexionar sobre a situación do galego e das lingua minorizadas no contexto do Estado.
  • Favorecer o coñecemento doutros modelos de normalización lingüística noutros lugares do Estado.
  • Compartir experiencias positivas de normalización lingüística noutros lugares do Estado.
  • Compartir e debater propostas no camiño de mellorar a situación do galego e doutras linguas minorizadas.
  • Afondar no coñecemento das Irmandades da Fala, promovendo unha reflexión crítica dende o rigor histórico.
  • Analizar e afondar no coñecemento do mundo lusófono así como nas súas posibilidades lingüísticas e pedagóxicas para o traballo docente.
  • Coñecer a relación do galego coa lusofonía para mellorar a práctica educativa.
  • Ofrecer ferramentas e recursos de aplicación práctica asociados á lusofonía.
  • Abrir espazos de debate para o profesorado implicado no tratamento innovador da aprendizaxe da nosa lingua.
Programa de contidos:
  • Proxectos e undiades didácticas relacionadas coa normalización lingüística do galego.
  • Enfoque comunicativo na aprendizaxe da lingua
  • Propostas didácticas e estratexias metodolóxicas para as actividades normalizadoras.
  • A oralidade no contexto do tratamento innovador da aprendizaxe da lingua.
  • Experiencias concretas no CEIP Quintela de Moaña e no IES da Pobra do Caramiñal.
  • Modelos lingüísticos das diferentes lingua minorizadas no contexo do Estado.
  • Propostas de futuro dende o ensino para a superación da situación actual de coñecemento e uso do galego e das linguas minorizadas do resto do Estado.
  • Coceptualización da lusofonía e implicacións sociolingüísticas e culturais.
  • Elementos comúns do galego e do mundo lusófono.
  • Factore a ter enc onta para o deseño de actividades relacionadas coa lusofonía.
  • Propostas didácticas e consideracións metodolóxicas vervo da lusofonía e a aprendizaxe da lingua.
  • Influenza sociolingüística e cultural das Irmandades da Fala na Galiza.
  • Repertorio musical galego e lusófono.

Estrutura das xornadas:

09:30 - 10:00, Recepción das asistentes.

10:00 - 12:00 Exposición de experiencias innovadoras no eido da normalización lingüística, segundo o detalle

  10:00 - 11:00, relatorio a cargo de Belén Escariz Ferrín e Isabel Vázquez Rosales:   "Normalizar en Infantil e Primaria. Un proxecto común"

  11:00 - 12:00: relatorio de Pilar Ponte Patiño: "Experiencias normalizadoras no IES da Pobra do Caramiñal".

14:00 - 16:00 Xantar e descanso.

16:00 -17:00 relatorio de Emilio Ínsua: "As Irmandades da Fala. Un percorrido pola súa historia".

17:00 – 19:00 obradoiro de lusofonía a cargo de Carme Saborido Paz, profesora de portugués e membro de AGAL.

19:00 – 20:00 concerto musical de Narf e peche.

Datas e horario de realización:
- Sábado 16 de abril de 2016: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/n 15703 (Santiago de Compostela)

Horas: 8 horas, todas elas presenciais.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa oordinadora: D. Lois Pérez Díaz

Relación nominal das persoas relatoras:
  • Dona Belén Escariz Ferrin. Especialidade: Educación Primaria. Título do relatorio: "Normalizar en Infantil e Primaria: un proxecto común".
  • Dona Isabel Vázquez Rosales. Especialidade: Educación Primaria. Título dos relatorio: "Normalizar en Infantil e Primaria: un proxecto común".
  • Dona Pilar Ponte Patiño. Especialidade: Lingua e Literatura Galega. Título do relatorio: "Experiencias normalizadoras no IES da Pobra do Caramiñal".
  • Dona Valentina Formoso Gosende. Especialidade: Lingua e Literatura Galega. Título da intervención: participa na mesa redonda: " O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado".
  • Don P. M. A.. Especialidade: mestre de lengua asturiana e literatura (LAL) do ensino público no Principado de Asturias. Título da intervención: participa na mesa redonda "O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado".
  • Dona María Antònia Font Gelabert. Especialidade: profesora de secundaria nas Illes Baleares. Título da intervención: participa na mesa redonda "O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado".
  • Dona Amaia Zubieta Garciandía. Especialidade: licenciada en filoloxía Inglesa. Título da intervención: participa na mesa redonda "O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado".
  • Don Aitor Idigoras Lasaga. Especialidade: maestro de educación física no País Vasco. Título da intervención: participa na mesa redonda "O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado".
  • Don Emilio Xosé Ínsua López. Especialidade: Lingua e Literatura galega. Título do relatorio: "As Irmandades da Fala. Un percorrido pola súa historia".
  • Dona Carme Saborido Paz. Especialidade: Lingua e Literatura galega; profesora de Portugués en Escola Lorca Institute. Título do obradoiro "Obradoiro de Lusofonía".
Observación: queda pendente confirmar os datos de 2 persoas máis que completarán a mesa redonda "A situación do galego e das linguas minorizadas no contexto do Estado": un representante do ensino na Comunidade Valenciana e un representante do ensino en Cataluña.
Achegarase esta información tan pronto a confirmemos.


Custo da matrícula
:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un cartaz e un díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante, denominación e modalidade da actividade, data, horario e lugar de realización, nº de prazas, valoración en horas de formación, persoas relatoras, destinatarios/as, custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES41 2080 5355 6330 4003 7132, consignando como concepto: “Matrícula curso Palavrar a Lingua”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal