Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
O STEG condena as deportacións

Europa, Turquía e as persoas refuxiadas sirias

Traicionando os propios valores que (en teoría) fundamentan o nacemento da Unión Europea e incumprindo la Convención de Xenebra de 28 de xullo de 19511 así como outros tratados sobre persoas refuxiadas, a autodenominada “Europa dos Pobos” acorda devolver a Turquia todos os “migrantes irregulares”. Baixo esta eufemística expresión como se se falase de simples turistas sen visado ou de inmigrantes que, á procura de traballo, non teñen todos os papéis en regra Europa distorce e oculta cínicamente o éxodo masivo de refuxiados que foxen da guerra de Siria, negándolles así a súa condición de refuxiados e os dereitos inherentes á mesma, que non son outros que os de calquera extranxeiro residente legal: dereitos civís básicos (liberdade de pensamento, asociación, expresión, etc.) e dereitos sociais (educación, asistencia médica...). Amontoadas en campamentos en condicións inhumanas, estas personas esperan agora a súa deportación a Turquia, país para nada modélico no respecto polos dereitos humanos.

Europa non só esquece máis unha vez os seus tan cacarexados valores humanitarios senón que tamén borra da súa memoria a pasada e recente história de refuxiados europeos que escapaban de conflictos bélicos e é absolutamente amnésica en relación á súa responsabilidade directa no devir histórico de Siria e dos países da rexión.

Á falta de perfilar os detalles definitivos no próximo Consello Europeo a premisa está clara: expulsar todos os que cheguen. Como é costume nos tratos entre regateiros, o prezo foi discutido: unha partida de 3.000 millóns de euros para Ankara, a supresión do visado para os turcos que viaxaren á Europa, acelerar a negociación da entrada de Turquía na UE e ollar para o lado perante as violacións de dereitos humanos, quer contra o Pobo Kurdo quer contra o movimento feminista, por parte de un Goberno Turco cada día máis autoritario

O STEG solidarízase co Pobo Sirio, condena a deportación das persoas refuxiadas e denuncia publicamente a ilegalidade de tal medida.


1Artigo 33 Prohibición de expulsión e de devolución («refoulement»)

1. Ningún Estado Contratante poderá, por expulsión ou devolución, pór nunca un refuxiado nas fronteiras de territorios onde a súa vida ou a súa liberdade estiveren en perigo por causa da súa raza, relixión, nacionalidade, pertenza a determinado grupo social, ou das súas opinión políticas.

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal