Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2015-2016
O STEG esixe a paralización da LOMCE e a suspensión das reválidas
O STEG ESIXE A PARALIZACIÓN DO CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA LOMCE E A NON REALIZACIÓN DAS REVÁLIDAS DE 3º E 6º CURSO DE PRIMARIA

O pasado día 5 de abril, o Congreso dos Deputados votou favorabelmente á paralización do calendario de implantación da LOMCE. Aínda que poida parecer unha medida insuficiente, si que é un primeiro paso para impedir que esta inxusta e denostada Lei sexa aínda máis prexudicial para o ensino público.

Ben é certo que os prazos lexislativos nos que se move unha medida coma esta implican que non vai ter efectos a curto prazo, pero si que é un sinal de que a maioría parlamentaria actual coincide, alomenos na parte da paralización do calendario de implantación, coa opinión maioritaria da comunidade educativa dende hai anos: a LOMCE é unha Lei perniciosa que debe ser derrogada canto antes, revertendo os destrozos que xa causou no sistema educativo a día de hoxe.

Porén, os prazos lexislativos fan que sexa imposíbel que esta paralización impida celebrar as “probas de avaliación externas”, máis coñecidas como “reválidas”, previstas segundo os artigos 20.3 para 3º e 21.1 da LOMCE para 6º de primaria deste curso, xa que a súa data de realización está demasiado próxima no tempo.

Cómpre lembrar que estas “reválidas” contan co rexeitamento maioritario da comunidade educativa, xa que entran en contradición co método de avaliación continua e global, supoñen desprazar a tarefa avaliadora a axentes que descoñecen o alumnado e a súa evolución e traballo diarios, e implican un estrés innecesario para alumnado de tan curta idade. Ademais, en base a esas reválidas, preténdese establecer “rankings” de centros (artigo 147.2), segundo o resultado destas probas. Esas listas servirán logo para destinar máis e mellores recursos a uns e privar deses recursos aos outros, rompendo a equidade e a igualdade de oportunidades. En definitiva, as reválidas supoñen unha medida máis das que fan da LOMCE unha Lei inxusta, clasista e segregadora, que busca un ensino elitista destinado a uns poucos que poidan pagalo a costa de depauperar o ensino público.

O curso pasado, o STEG levou a cabo unha campaña de boicot contra a reválida de 3º na que, gracias á colaboración das familias, conseguiuse que unha gran parte do alumnado do ensino público non acudise ao seu centro o día de realización das probas, mostrando así o seu rexeitamento frontal a esta medida.

Non realizar estas probas durante este curso non suporía ningún prexuízo ao sistema educativo, ao contrario: aforraríase, tanto en termos económicos, coma en tempo adicado polo profesorado á preparación e realización das probas.

Lembrar tamén, que falamos dun profesorado sobrecargado de traballo e que ve como aos poucos van sendo mermados tanto os seus dereitos laborais como económicos xa que á Administración non lle treme o pulso para suprimir unidades e postos de traballo no nome da austeridade.

O anuncio da Administración de querer manter estas probas a pesar de todo o exposto resulta unha teima inexplicábel, mantendo unnha loita obcecada que ata agora era contra toda a comunidade educativa e, dende onte, tamén contra a realidade.

Por todo isto, o STEG esixe unha vez máis á Consellería que suspenda a realización das reválidas de 3º e de 6º, e segue propoñendo que os recursos adicados a esas probas se utilicen para dotar os centros de profesorado de apoio e en diminuír a carga horaria de todo o persoal docente como medida máis eficaz para detectar e corrixir as dificultades do alumnado no proceso de ensino- aprendizaxe.

Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal