Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Valoración do STEG: a importancia do relato na Casa tomada
VALORACIÓN DO STEG DAS ELECCIÓNS EN GALIZA: A IMPORTANCIA DO RELATO NA CASA TOMADA
   
    As eleccións que tiveron lugar en Galiza hai dúas semanas veñen abrir un novo ciclo de catro anos máis de goberno do PP na Xunta da man de Feijoó. Como queira que unha verdade non deixa de selo por repetila unha e outra vez (ao contrario cás mentiras), dende o STEG xulgamos que a incidencia sobre o ensino público pode ser moi negativa, polo que redundamos nos "argumentos" que veu usando o goberno da anterior lexislatura, isto é:
  •  máis peches de escolas do rural, aos que debemos sumar a non optatividade  nos seus centros de secundaria coa excusa da escasa demanda,  debilitando aínda máis un eido especialmente castigado por esta estafa chamada crise e polos actuais modelos de crecemento.
  • máis recortes brutais de profesorado, que minguou en case dous mil  profesionais dende a chegada ao goberno da Xunta do señor Núñez Feijoó en dous mil nove.
  • a alarmante diminución nas axudas á promoción da normalización  do galego, que deriva nun uso menor do mesmo, incidindo no proceso de  substitución lingüística e de desaparición da nosa lingua.
  • máis trasvase de mans públicas a entidades privadas da xestión dos comedores escolares e doutros servizos complementarios.
  • máis perda de autonomía dos centros ao abeiro dos postulados da LOMCE.
  • máis desleixo pola atención á diversidade, que se resume  no feito de que as prazas de orientación cada vez veñan con máis afíns,  no camiño de converter unha área fundamental nun caixón de-sastre.
  • máis apoio aos centros que segregan por sexo.
  • máis diminución de dereitos das traballadoras e traballadores do ensino público.
  • máis exclusión por parte do alumnado máis desfavorecido e como exemplo, ńo nefasto da implantación da FP básica, situación que o STEG vén denunciando como ilustrativa do que a LOMCE promove: a exclusión do ensino público daquelas persoas con máis dificultades.
  • a “obrigatoriedade” de cursar relixión en Bacharelato, pois na  práctica é moi difícil escoller materias optativas á mesma. Nesta liña, o paradoxo é que disciplinas fundamentais como a música, a filosofía ou  os contidos humanísticos son elementos case residuais na LOMCE.
  • O mantemento dun "moderado déficit público" en Galiza a costa de non pagar os complementos das pagas extras ao funcionariado e de non pagar ás persoas substitutas que traballan máis de cinco meses e medio o que lles corresponde normativamente.
  • O aumento exponencial do traballo en precario (interinidades e substitucións) durante as dúas últimas lexislaturas.
  • Abrir a porta aos concertos nas etapas non obrigatorias
    En definitiva, o goberno electo de Feijoó previsibelmente podería xulgar que os resultados electorais acadados significan na práctica carta branca ou refrendo dabondo para afondar nas políticas que viñeron practicando durante este tempo, orientadas a debilitar o ensino público a través da diminución de recursos humanos e económicos, o aumento da participación de capitais e entidades privadas en servizos asociados ao mesmo, a demolición dos exigüos avances acadados na promoción da lingua galega en nome da proclamada "liberdade lingüística" e todo, cun fin ben claro: facilitar a flutuación do alumnado e do profesorado do ensino público ao ensino privado, promovendo máis investimento neste último ao abeiro da ideoloxía neoliberal (que non entende de dereitos da cidadanía, nin de cohesión social, nin do Estado de Benestar), para finalmente substituir a xestión pública do ensino pola privada.
 
    Finalmente e neste contexto, que en termos globais do ensino supón a substitución do paradigma educativo, pasando dunha concepción humanista a unha concepción instrumental e finalista do mesmo, orientada claramente ao mercado de traballo e ao non cuestionamento crítico do estado de cousas, a actividade do STEG na defensa das traballadoras e traballadores (coma a meirande parte de organizacións sindicais) impónse como fundamental diante desta ofensa neoliberal, conservadora e relixiosa asociada aos grandes capitais. E faino en varias vías: 
  • na defensa dos seus dereitos
  • na denuncia nos foros onde o STEG teña voz das prácticas abusivas ou incorrectas por parte da Administración ou da autoridade.
  • no espallamento dos nosos valores e da nosa concepción do que debe ser o ensino público, favorecendo a toma de conciencia por parte dos diferentes elementos da comunidade educativa.
  • como elemento discursivo de reequilibrio que veña romper co discurso oficial e gañador do nunca estivemos mellor da dereita política, económica, mediática e cidadá.
    A existencia do STEG é unha necesidade porque moita xente demanda unha transformación cara algo distinto e de aí a importancia do discurso diferente neste país, que xa parece a "Casa tomada" daquel conto do Cortázar, en que describía a anguria dos habitantes dunha casa diante do avance dunha ameaza estraña e indeterminada, que os ía acurralando ata quedaren sen saída.

   É probábel que o éxito do conto de Cortázar, coma o deste goberno do PP na Xunta recentemente elixido sexa precisamente ese: facernos crer que non hai saída posíbel.

   Pero isto, coma o de Cortazar, é un conto. E ao contrario que nel, nós si sabemos quen é a ameaza.

    De todas nós e da nosa implicación no camiño de mudar as cousas no ámbito e radio de acción de cadaquén, está a chave para escribir un relato distinto deste.
 
 Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Outubro de 2016

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal