Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
O STEG FRONTE Á LOMCE
O STEG denuncia o seu carácter segregador, recentralizador, elitista...
O STEG DENUNCIA QUE A CONTRARREFORMA EDUCATIVA DO PP PRETENDE UN SISTEMA EDUCATIVO SEGREGADOR

O Ministro Wert acaba de presentar o anteproxecto de modificación da Lei Orgánica de Educación. Para o STEG este documento contempla unha contrarreforma en toda regra do actual sistema educativo, pretendendo unha educación segregadora, elitista, adoutrinadora, antidemocrática, recentralizadora..., buscando en definitiva un sistema educativo máis propio do franquismo que dunha sociedade moderna e plural que quere un ensino público de calidade, integrador, equitativo, laico, e para todas e todos.

Menos profesorado, máis adoutrinamiento ideolóxico e máis segregación do alumnado son as claves da reforma educativa que se propón levar adiante o ministro de Educación.

O ministro Wert proponse pór en marcha unha autentica contrarreforma educativa que, por unha banda, suporá a lexitimación dunha política de recortes e, por outro, a reinstauración dun modelo ideolóxico de escola sesgado, clasista e segregador.

A contrarreforma proponse recortar as competencias das CCAA en materia educativa ao aumentar a porcentaxe dos contidos mínimos que fixa o Estado en todos os tramos educativos. Este deseño centralizador vai na liña recentralitzadora do Estado que promoven certos grupos da dereita, tomando como escusa a crise económica.

O sistema educativo ponse ao servizo das necesidades da empresa ao promover a segregación temperá do alumnado coa introdución de itinerarios en función do seu rendemento académico, e non das necesidades do alumnado como persoa e como cidadán. O STEG defendeu sempre un modelo de escola que priorice a realización do proxecto vital das persoas e da comunidade na que viven, e non das urxencias cambiantes e caprichosas dun mercado de traballo condicionado pola necesitade dun beneficio rápido da clase empresarial. A reintrodución da reválida e doutros sistemas de selección e clasificación do alumnado e dos centros sen ter en conta as condicións socioeconómicas da súa contorna, nin a singularidade individual, nin as aspiracións das persoas, converterán ao ensino nunha práctica de selección de persoal controlada polas empresas...

A creación da materia de Educación cívica e constitucional, que baleira dos contidos máis tolerantes e progresivos de EpC, e o mantemento da materia de Relixión, supón unha aposta polo control ideolóxico do sistema baixo os postulados máis conservadores e confesionais. Para o STEG, a escola debe contribuír á visualización e á aceptación dos diferentes xeitos de vivir e de buscar a felicidade propia dos e das cidadás, e non a instruír segundo pautas de conduta inspiradas nos estreitos puntos de vista dunha determinada clase social ou confesión relixiosa. Nese sentido, o STEG oponse á intención da contrarreforma de lexitimar as subvencións públicas a escolas privadas que segregan en función do sexo, ou que realizan calquera tipo de selección do alumnado por sexo, etnia, renda, ou rendemento escolar.O STEG vén demandando desde moito antes do comezo da actual crise económica que se eliminen as subvencións ao ensino concertado por supeditar o beneficio común ao beneficio propio e o dunhas minorias, potenciando no seu lugar o ensino público. Na actual situación, resulta máis urxente aínda comezar recortando nos concertos educativos, centrando todos os recursos na única escola que garante a atención a toda a poboación: a pública.

A contrarreforma será lesiva tamén para as condicións de traballo do profesorado ao transvasar o concepto de mobilidade forzosa da reforma laboral ao ensino. O profesorado, segundo as intencións de Wert, perdería o dereito á súa praza e poderíaselle obrigar a impartir ensinos diferentes no propio centro, en diferentes etapas ou nun centro diferente “por necesidades de servizo ou funcionais”. Isto, sumado aos fortes recortes nas retribucións, o aumento das ratios e o despedimento masivo de persoal interino, incide na precarización do traballo docente, especialmente na escola pública, o que pode supor, ademais, unha redución de plantillas que afectaría a decenas de miles de profesoras e profesores.

A participación da comunidade educativa na xestión democrática dos centros, de aplicarse o contemplado neste Anteproxecto, experimentará un retroceso de proporcións tan xigantescas e graves que cabe dicir que nos retrotraerá, sen esaxero, á etapa pre-democrática. Os Consellos Escolares, por exemplo, deixan de ter carácter decisorio e pasan a ter unicamente, en aspectos ben fundamentais, carácter de órganos consultivos. Todo o poder decisorio que perden gáñano os órganos unipersoais, nomeadamente a Dirección, o que non fai máis que incrementar a concepción piramidal e o enfoque xerencialista, empresarial, do goberno dos centros educativos, animados polo Anteproxecto, ademais, a procuraren recursos externos de todo tipo no ámbito privado.

O ministro Wert pretende todo isto sen o necesario debate democrático e a busca do consenso coa comunidade educativa e a representación lexítima das traballadoras e traballadores do ensino, os partidos políticos e as comunidades autónomas.

O STEG oporase a este proxecto por todos os medios ao seu alcance, e promoverá a súa discusión e rexeitamento nas asembleas de traballadoras e traballadores. Así mesmo, animará á comunidade educativa a mobilizarse para impedir que se aprobe e se implante nos centros educativos, e a propor unha reforma que teña como obxectivo un sistema educativo emancipador, igualitario, gratuíto e respectuoso coas diferenzas individuais, sociais e de sexo.

Pemanente do Secretariado Nacional
outubro do 2012

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal