Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
O STEG FRONTE Á LOMCE
Sindicatos, estudantes e pais abandonan o Pleno
Sindicatos, estudantes e pais abandonan o pleno do Consello Escolar do Estado (máximo órgano consultivo do ensino non universitario)

Varias organizacións de traballadores do ensino e de estudantes e a Confederación Española de Pais e Nais de Alumnos (Ceapa) abandonaron hoxe o pleno do Consello Escolar do Estado (CEE) como protesta por non admitirse a trámite un informe alternativo da confederación STES-i (da cal forma parte o STEG) á reforma educativa.

O Presidente do Consello Escolar do Estado decidiu non tramitar ante o Pleno o Informe-ditame de STES-i alternativo ao elaborado pola Comisión Permanente sobre o anteproxecto da LOMCE, baseándose nun informe da avogacía do Estado. Isto supón censurar a opinión dunha parte do profesorado e acabar coa liberdade de expresión ante as propostas de lei que presenta o goberno e que o Consello Escolar do Estado debe ditaminar preceptivamente.

O Presidente do Consello basea a súa censura ao ditame alternativo elaborado por STES-i nun informe sobre o mesmo elaborado pola avogacía do Estado. Neste informe afírmase que o ditame de STES-i cumpre os requisitos exixibles de “motivación e precisión”, pero non así o de “respecto”, tres requisitos que deben cumprir os ditames alternativos segundo o regulamento do Consello Escolar. O avogado do Estado entende o requisito de “respecto” como a “debida neutralidade”, polo que o ditame de STES-i non pode ser tomado como voz dunha Institución.

O Presidente do Consello, anula a liberdade de expresión de STES-i ao censurar o seu ditame e impedir á representación de STES-i que o expoña ao Pleno. Con esta decisión o Presidente do Consello censura tamén o debate que debería darse tras a presentación ao Pleno deste ditame e se extralimita nunha decisión completamente antidemocrática ao impedir que os Conselleiros e Conselleiras que forman o Pleno poidan decidir co seu voto o apoiar ou non o ditame de STES; ditame que pasaría a ser a opinión do Pleno caso de que fose votado maioritariamente.

A Confederación de STES-i presentou ao Pleno un Ditame alternativo ao elaborado pola Comisión Permanente, pedindo ao Ministerio a retirada do anteproxecto presentado por:

- Ser un proxecto imposto. Non houbo negociación.
- Non mellorar o ensino. As modificacións que presenta empeorarán as condicións nas que o alumnado recibe as clases. As consecuencias da súa aplicación serán desastrosas para a formación e a educación dos nosos mozos e para o conxunto da sociedade.
- Acabar coa xestión democrática dos centros e coa participación da comunidade educativa.
- Dinamitar os dereitos do profesorado, que poderá ser desprazado, cambiado de centro e localidade, poderase despedir ao profesorado interino e contratar sen respectar as listas ordenadas en función dos dereitos de cada funcionario e fai saltar polo aire anos de loita para mellorar as condicións laborais do profesorado.
- Se infravalora ao profesorado ao retirarlle a capacidade de que coas súas avaliacións obtéñanse os títulos académicos correspondentes aos estudos realizados.
- Achegar novas e vellas fórmulas de privatización. Conságrase a segregación, ao dar garantía de concertos aos centros privados que segregan ao alumnado en función do seu sexo.
- Presentar moitos e significativos cambios, pero non se acompaña dunha “memoria económica”, elemento imprescindible en calquera lei orgánica, dado que cuantifica o custo da súa aplicación. É necesario que a sociedade coñeza os custos das medidas que propón.
- Manter e consolidar os recortes efectuados no ensino: o aumento do número de alumnos por clase, así como o das horas lectivas do profesorado.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
outubro do 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal