Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
O STEG FRONTE Á LOMCE
Solicitude de devolución ao Ministerio de Educación
O STEG, A TRAVÉS DA CONFEDERACIÓN, STES-i, DA QUE FORMA PARTE, PROPÓN AO CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO A DEVOLUCIÓN DO ANTEPROXECTO LOMCE AO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

O STEG presentou un Informe alternativo ao elaborado pola Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado (CEE) pedindo a devolución do anteproxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa ao Ministerio de Educación. O Pleno do CEE reúnese hoxe, día 24.

A síntese das razóns nas que o STEG fundamenta o seu rexeitamento a este anteproxecto son:

- Non se negociou coa comunidade educativa, quen diga o contrario mente. Poida que se negociase coas patronais do ensino privado e coa conferencia episcopal, que son os realmente beneficiados con esta contrarreforma educativa.

- É unha contrarreforma ideolóxica que busca a privatización do sistema educativo e o desprestixio da escola pública, así como a segregación do alumnado, propiciando guetos, e facendo do ensino obrigatorio unha carreira de obstáculos para o alumnado con reválidas que nos levan á educación da época franquista.

- É unha contrarreforma que pretende a marxinación das linguas propias do estado español. Reforma esta que ven a reforzar o xa restrictivo Decreto de plurilingüísmo que temos en Galicia.

- É unha contrarreforma que impón unha asignatura alternativa á relixión confesional, cando o Tribunal Supremo ten dictado varias sentenzas declarando non axustada ao dereito a impartición desta materia.

- É unha contrarreforma que incumple a Lei de igualdade de Xénero, pois ignora intencionadamente a todas as alumnas, profesoras e nais que están e participan no sistema educativo.

- É unha contrarreforma que acaba coa participación da comunidade educativa na xestión dos centros educativos públicos.

- É tamén unha contrarreforma que despreza o traballo do profesorado e que vulnera o seu dereito a permanecer nun centro obtido por concurso de traslados.

En definitiva, é unha contrarreforma que rexeita a comunidade educativa do ensino público, xa que non busca a mellora da calidade do ensino e consolida os recortes efectuados nestes dous últimos anos.


Secretariado Nacional do STEG
24 xaneiro 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal