Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
O STEG FRONTE Á LOMCE
Intento de acabar coa escola pública e de volver á educación franquista
O STEG CUALIFICA A LOMCE DE INTENTO DE ACABAR COA ESCOLA PÚBLICA E DE VOLVER Á EDUCACIÓN FRANQUISTA

A aprobación no Consello de Ministros do venres do proxecto de LOMCE demostra a prepotencia do goberno e o seu alonxamento do conxunto da comunidade educativa, que o pasado día 9 pediu cunha gran mobilización no conxunto do Estado que se retirase o anteproxecto e que se iniciase un proceso negociador para acordar as medidas que deben tomarse para mellorar o sistema educativo.

O STEG xa leva tempo denunciando que ao ser a LOMCE unha contrarreforma inspirada pola máis pura dereita ideolóxica, o que busca é a privatización do sistema educativo (como se está buscando a privatización da sanidade e de todo o público), utilizando o desprestixio da escola pública como base, pois as modificacións que presenta empeorarán as condicións nas que o alumnado recibe as clases, e non servirán, xa que logo, para mellorar a calidade do ensino. A LOMCE contén elementos que buscan a destrución da escola pública e a potenciación da escola privada pagada con cartos públicos; quere converter os centros públicos en subsidiarios dos privados concertados e que na pública estude o alumnado con algún tipo de problema, mentres que os centros privados poderán seleccionar aínda máis ao alumnado coa “especialización” dos centros e a introdución de “aspectos específicos” para a definición do “carácter singular do centro”.

Conságrase tamén a segregación por sexo, ao dar garantía de concertos aos centros privados que segregan ao alumnado. E preténdese a marxinación das linguas propias das Comunidades Autónomas ao non ser tratadas como co rango que deberán ter como linguas oficiais que son.

A LOMCE é unha volta á época franquista con medidas como:
- a consideración da relixión católica como asignatura igual que as demais a efectos de notas e becas.
- a imposición das reválidas ao alumnado, o que supón introducir obstáculos innecesarios nos seus estudos, e unha desconfianza e desautorización absoluta no traballo do profesorado.
-a volta a unha elección temperá dos estudos que o que persegue é filtrar ao alumnado canto antes para diluir o fracaso escolar.

O STEG, que está comprometido coa escola pública e coa seu profesorado, seguirá loitando contra esta contrarreforma e intentaremos, coas movilizacións impedir a súa aprobación, pois temos a convicción de que a comunidade educativa rexeita esta lei e quere unha escola pública, de calidade, laica , democrática e integradora.

Secretariado Nacional do STEG
maio de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal