Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
O STEG FRONTE Á LOMCE
Solicitude de retirada do Proxecto da LOMCE
O STEG A TRAVÉS DA CONFEDERACIÓN DE STES-i, DA QUE FORMA PARTE, PIDE NA COMISIÓN DE EDUCACIÓN DO CONGRESO A RETIRADA DO PROXECTO LOMCE E DEFENDE UN PACTO EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.

O voceiro da Confederación de STES-i compareceu ante a Comisión de Educación do Congreso dos Deputados invitado pola devandita Comisión para expoñer a valoración de STES-i sobre a LOMCE.
A intervención (que pode lerse completa en www.stes.es), que se iniciou denunciando a falta de debate previo sobre a LOMCE, pódese sintetizar nos seguintes apartados:

1.- É un proxecto que incumpre a Lei Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
2.- É un proxecto de lei que supón unha contrarreforma ideolóxica.
3.- É un proxecto que carece de diagnóstico previo e que consolida os recortes en educación.
5.- Un proxecto que afecta moi negativamente ao profesorado e aos seus dereitos como funcionariado, desprezando o traballo do profesorado interino.
6.- Un proxecto que empeora o deseño do currículo.
7.- Un contrarreforma que remata coa participación da comunidade educativa na xestión dos centros.
8.- Unha contrarreforma que quere medilo todo para establecer ranking e potenciar o ensino privado.
9.- Unha contrarreforma que vai contra a pluralidade lingüística do Estado español.

O voceiro de STES-i rematou a súa intervención indicando que:

Como conclusión podemos dicir que os STES-i consideramos que as modificacións legais que presenta este proxecto non servirán para mellorar a calidade do ensino; as consecuencias da súa aplicación serán desastrosas para a formación e a educación dos nosos mozos e mozas e para o conxunto da sociedade, xa que trata de aplicar as receitas neoliberais cos ingredientes máis retrógrados, como a segregación e a volta a contidos propios do século pasado, ao autoritarismo, diminución das competencias terrritoriais, e o que queda de xestión democrática e de participación nos centros educativos.

Secretariado Nacional do STEG
xullo de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal