Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2016/2017
De fotografía e edición de son
Matriculación:   Folla de inscrición
Denominación da actividade: Obradoiro de fotografía e edición de son

Modalidade formativa: Obradoiro (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013)


Área: Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TIC. Recursos didácticos.

Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
  • Coñecer as características xerais do software de edición de son e de fotografía.
  • Xustificar as razóns do uso destas ferramentas no ensino.
  • Identificar as principais aplicacións para edición de son e fotografía.
  • Dar a coñecer as súas características.
Programa de contidos:
  • Filosofía e características xerais da edición de son e da fotografía.
  • Vantaxes e eivas no seu uso.
  • Aplicación do software de edición de son e fotografía no ensino.
  • Manexo básico de Audacity, Souncloud e YIMP.
  • Programas de software libre máis característicos en educación: Gimp, LineCamera, Aviary, OcenAudio, Wavosaur.

Estrutura das xornadas:
Combinarase a presentación de varios relatorios coa posta en marcha de obradoiros prácticos. O horario inicialmente previsto é o seguinte:

09:30 - 10:00: recepción das persoas asistentes

10:00 - 12:00: "Edición de audio e aplicacións no ámbito docente", relatorio a cargo de Diego Pérez Castro

12:00 - 12:15: Pausa e café

12:15 - 14:15: "Aplicacións didácticas e exemplos de uso na aula da edición de audio", relatorio a cargo de Diego Pérez Castro

14:15 - 16:00: descanso e xantar

16:00 -18:00: "Iniciación á fotografía: coñecementos básicos", relatorio a cargo de Paula Gómez del Valle y Gómez

18:00 - 20:00: "Aprender a ver", relatorio a cargo de Paula Gómez del Valle y Gómez

Datas e horario de realización:

- Sábado 19 de novembro: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: Ceip de Pedrouzos, r/ Paseo de Pedrouzos s/n, 15865 Brión ( A Coruña)

Valoración das horas de formación: 8, das cales todas serán presenciais, repartidas relatorios, obradoiros e avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición (dispoñíbel online)

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa coordinadora: Diego Pérez Castro

Relación nominal das persoas relatoras:
• Diego Pérez Castro, Especialidade: Música. Título dos relatorios e obradoiros en que participa: "Edición de audio e aplicacións no ámbito docente" e "Aplicacións didácticas e exemplos de uso na aula da edición de audio"
• Paula Gómez del Valle y Gómez, Especialidade: Pedagoxía Terapéutica. Título dos relatorios e obradoiros en que participa: "Iniciación á fotografía: coñecementos básicos" e "Aprender a ver"
Custo da matrícula:
- 10 euros.
Tipo e ámbito de difusión: Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un cartaz e un díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante, denominación e modalidade da actividade, data, horario e lugar de realización, nº de prazas, valoración en horas de formación, persoas relatoras, destinatarios/as, custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES89 2080 5138 8730 4001 2186, consignando como concepto: “Matrícula Obradoiro de fotografía e son”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal