Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Análise crítica do STEG do borrador da Orde ministerial de reválidas
O pasado mércores 26, o señor Rajoy anunciaba que deixaba “en suspenso” e “sen efectos académicos” as reválidas da ESO e de Bacharelato mentres non houbese pacto educativo. Ben pode ser que o fixese de xeito preventivo debido á folga convocada por estudantes e familias e as mobilizacións que se ían levar a cabo (con seguemento maioritario nos centros de ensino público de Galiza, con cifras que chegan a case o 100% de seguemento nalgúns centros e mobilizacións en todas as cidades).

Aínda que moitos medios de comunicación (e algunha que outra organización sindical despistada) valoraron como unha medida positiva esta mostra do talante negociador do señor Rajoy, o certo é que, de novo, intenta enganar toda a co­munidade educativa, anunciando unha medida que xa era coñecida, xa que esa “non validez curricular” estaba contemplada tanto en normativa anterior coma no propio calendario de implantación da LOMCE.

No STEG consideramos que non é abondo con deixar en suspenso esta validez curricular das reválidas, teñen que derrogarse por completo e en tódolos niveis educativos, como un primeiro paso para a total derrogación da LOMCE, unha lei que, ademáis de contar cun rexeitamento frontal de toda a comunidade educativa, agora tamén conta co rexeitamento da maioría das deputadas e deputados do Congreso dos Deputados.

Aínda así, O STEG vén de coñecer o borrador da orde ministerial que vai desenvolver estas reválidas, e non podemos facer outra cousa que denunciar todos os despropósitos que, segundo o noso criterio, figuran en dito documento:

- En primeiro lugar, o feito de non ter publicado en BOE esta norma case dous meses despois de comezar o curso, é un sinal do desprezo da administración ao traballo do profesorado e ao esforzo do alumnado, que levan dende o comezo de curso preparando esta proba a cegas. E, aínda así, este borrador non concreta absolutamente nada sobre como serán as probas nin as datas nas que se celebrarán, o que dificulta enormemente a temporalización das actividades extraescolares e excursións de fin de curso de innumerables centros educativos.

- Chama tamén a atención a ausencia das organizacións sindicais, representantes de familias e alumnado ou movementos de renovación pedagóxica nos organismos consultados para a elaboración desta orde. Semella que o pacto educativo que busca o señor Rajoy é simplemente con administracións e partidos políticos, ignorando reiteradamente a comunidade educativa.

- Coas matrices de especificacións (art. 3) atopámonos con que se presenta aquí unha ponderación dos diferentes estánda­res para cada materia ou bloque de contido. É dicir, o traballo que se lle esixiu realizar ao profesorado da ESO para as programa­cións ao comezo do curso, completamente a cegas e sen indicacións, xa o dan feito dende o ministerio. De novo, un desprezo polo esforzo do profesorado, que tivo que malgastar gran parte do seu tempo para un traballo que agora non serve para nada.

No STEG volvemos a denunciar a constante ausencia da atención á diversidade deste goberno que, neste borrador, se reduce a un par de liñas (art. 4.2) nas que sinala que “no se computará como periodo de descanso el utilizado para am­pliar el tiempo de realización de las pruebas de los alumnos con necesidades específicas de apoyo educativo a los que se les haya prescrito dicha medida”. E como pensan facelo? Cando vai descansar o alumnado con necesidades específicas de apoio? A ninguén se lle pasou pola cabeza que é imposible, a non ser que se teña a este alumnado realizando as probas durante dous ou tres días máis? Ou nunha aula aparte?

-De novo, a ausencia clamorosa de medidas a levar a cabo para o alumnado que non sexa quen de superar as pro­bas. ¿Que pensan facer con ese alumnado que, tendo aprobado todos os cursos da ESO non supera a reválida? Que repitan un curso que xa teñen aprobado? Moito nos tememos que a súa única saída será a FP básica, que a administración considera un vertedoiro para alumnado menos capaz e que, lonxe de dotar coas medidas de apoio que este alumnado precisa, fica desprovista de medios e de persoal, tal e como vimos denunciando dende hai tempo.

-Un tempo de traballo menosprezado, coma no referente á revisión das probas (art. 10), que volve a cargar sobre as costas dos docentes nunha época do curso xa de por si delicada e sobrecargada de traballo burocrático.

-A referencia aos cuestionarios de contexto (art. 7) fai que nos asalten numerosas dúbidas: Que tratamento reciben os cuestionarios de contexto? ¿Como é posíbel que as probas se contextualicen na contorna do alumnado se xa están elaboradas cando se pasen estes cuestionarios? Só podemos pensar que é imposíbel, por non dicir ridículo, que se propoña unha proba estándar para todo o alumnado de Galiza que reflicta a contorna próxima (art. 5.2), habendo unha enorme variedade e dispersión na poboación. Imposíbel tamén unificar unha proba destas características para o alumnado que viva en zonas rurais, urbanas, costeiras, de montaña... Moito menos cando os cuestionarios de contexto se pasan xusto antes de comezar as probas. Que percorrido teñen os mesmos? En que derivan? Non se sabe.

E, por se todo isto fose pouco, volve aparecer (art. 11.1) un parágrafo que faculta a creación do ránking de centros que levamos tanto tempo denunciando e que só a presión da comunidade educativa conseguiu paralizar, de momento, onde se indica de xeito un tanto gratuíto que “se considerará el contexto socioeconómico y cultural...”, ao xeito daquel director dun xornal ianqui: “vostede escriba, da realidade xa nos encargaremos despois”.


Por todo isto, e por moitas razóns máis, no STEG esiximos a derrogación total da normativa que regula as reválidas, coma un primeiro paso para a derrogación da LOMCE, e facemos un chamamento a toda a comunidade educativa a apoiar as accións que se leven a cabo como protesta contra estas medidas e, en especial, a continuar co boicot ás reválidas que maioritaria­mente se levou a cabo en primaria nos dous cursos anteriores.

Comisión permanente do Secretariado Nacional do STEG
3 de novembro de 2016

documento en pdf

borrador da Orde Ministerial

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal