Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Outra ´raia´ máis para o tigre
O STEG vén de saber que, en relación ao abastecemento de gasóleo para os centros do ensino público, a Consellería remitiulle unha circular aos centros onde especifica, no seu punto 1º o seguinte:

"Os centros educativos incluídos na contratación centralizada non poderán facer pedidos de gasóleo nin solicitar orzamentos a outras empresas non incluídas como adxudicatarias no seu correspondente lote. O incumprimento desta instrucción podería supor o incumprimento dun contrato público ademais da posible falta disciplinaria."

Até aquí e mesmo con moitas reservas (polo ton do escrito, polo cuestionábel do seu contido) podería entenderse que habendo empresas dabondo participando dese convenio coa Consellería, se instase os centros a negociar coas empresas subministradoras incluídas no mesmo.

O problema vén cando, coma no caso por exemplo das comarcas de Ortegal, Ferrol, Coruña, Bergantiños, O Condado, O Morrazo, O Salnés, Os Ancares, Chantada, Fonsagrada, Mariña Occidental e Oriental, Allariz, Maceda, Terra de Caldelas, O Carballiño, entre outros, onde se inclúen os seus centros correspondentes, só contan cunha soa empresa subministradora, véndose os mesmos na obriga de contratar o subministro do gasóleo independentemente do aforro do que se puidese beneficiar contratando o servizo con outra empresa da contorna.

Non só iso; logo de que o STEG examinase polo miúdo os documentos correspondentes aos setenta lotes en que se distribúe este convenio da Consellería, obsérvase que en case 30 deles, que inclúen unha inxente listaxe de centros, só se dispón dunha única empresa subministradora, o que na práctica equivale a favorecer o monopolio de determinadas empresas no subministro aos centros.

O STEG vén de saber, ademáis, que os centros teñen que facer pedidos de combustible os días en que máis caros se ofertan, o que non permite aforrar, detraendo recursos que poderían ser investidos en cuestións fundamentais doutra natureza.

Independentemente das explicacións que ofreza a Consellería, esta circunstancia anteriormente descrita vén a se encadrar nun mesmo modus operandi, ao igual cá xestión dos comedores, a concesión das grandes obras de mantemento, a xestión do transporte escolar ou noutro nivel de influencia, pero igualmente cuestionábel, o "cobro" por parte das grandes distribuídoras de contidos audiovisuais; en definitiva, todo ben propio da ideoloxía neoliberal, consistente en contribuír ao afogamento do pequeno comercio e dos negocios de ámbito local en favor das grandes empresas, mesmo das transnacionais.

O STEG critica o marco deste convenio, que non contempla o fornecemento do tecido socioeconómico das comunidades educativas onde se inscribe a actividade de cada centro educativo, prescindindo do interese xeral e do ben común en favor de determinados intereses duns poucos.

Igualmente demandámoslle á Consellería que elimine este tipo de prácticas que son contrarias a unha concepción democrática e igualitaria na xestión dos recursos económicos públicos, procedendo a modificar as condicións do convenio, no camiño de ofrecer máis dunha alternativa aos centros subministrados. Pois non deixaría de ser paradóxico que a fervente militancia do goberno da Xunta na economía de libre mercado polo demais, se vexa aquí relegada polo monopolio puro e duro á vella usanza.

Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
                               11 de novembro de 2016
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal