Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Combater o patriarcado é (tamén) escribilo
Dende o STEG queremos solidarizarnos, unha vez máis, con todas as vítimas do terrorismo machista así como con todas as mulleres que sofren a cotío agresións machistas.

Como se fose pouco aturar a restra de asasinatos e violacións que cada día aderezan tristemente a actualidade, asistimos na última semana a varios sucesos, entre outros, que veñen a por de manifesto a impunidade con que os agresores machistas actúan sen que iso conleve algún tipo de consecuencia realmente acorde coa gravidade da súa conduta.

Á sentenza nietzcheana de que "A Universidade é o berce do poder e a tumba do saber", deberiamos engadir que é tamén "o berce do patriarcado e a tumba das mulleres", unha máis, por certo: ¿como é posíbel que Santiago Romeu, Catedrático da Universidade de Sevilla, seguise dando clase apoiado por moitos dos seus compañeiros, seis anos despois da primeira denuncia por acoso e abuso sexual a dúas profesoras e unha bolseira? De que enfermidade adoece esta sociedade para permitir tal cousa?

Como é posíbel que intervindo o Instituto Andaluz da Muller, estando en curso un procedemento xudicial, constando as secuelas psicolóxicas nas vítimas, el seguise aí, onde se cometeron os delitos sentenciados agora cunha condena de sete anos de cárcere? Só agora, e probabelmente pola presión dos medios, suspendérono da súa tarefa docente e non poderá, de momento, volver ás aulas para traballar, cobrar o salario... Produce calafríos pensar cantos casos parecidos a este poden permanecer ocultos, hoxe que todas as leis recoñecen a igualdade, hoxe que ningún dos profesores que consentiu o catedrático sería quen de dicir en voz alta os argumentos dos que debeu botar man en voz baixa para contribuír a que esta aberración acontecese durante todo este tempo.

Preguntámonos tamén como é posíbel que o xornalista Manuel Molares do Val siga a opinar nun medio escrito logo da publicación dese aberrante artigo onde culpabiliza as mulleres vítimas do terrorismo machista de seren elas as que coa súa actitude e suposta irresponsabilidade propician esta reacción salvaxe por parte dos homes malos. Sen dúbida sería obxecto de estudio para Dian Fossey, muller de quen hoxe se cumpren oitenta e cinco anos do seu nacemento.

Igualmente temos moita curiosidade en saber como é posíbel que non se tome ningún tipo de medida contra El Correo Gallego (que expulsou o referido xornalista excusándose de toda responsabilidade polos seus artigos, o que da idea do rigor xornalístico deste medio, que seica non revisa o que publica)  ou contra o Diario Atlántico (xornal que ao que parece non ten maior problema en dar acubillo na súa plantilla a personaxes desta ralea) e que, por certo, vén de recibir con cargo aos fondos públicos por parte da Xunta 22.403,36 euros, nada máis e nada menos.

Todas estas cuestións, con seren gravísimas por separado cada unha delas, cobran aínda máis relevancia toda vez que están inscritas nun sistema perfectamente definido e identificado que é o patriarcado, sustentado na relixión do capitalismo, estrutura asentada nun código de crenzas, condutas e valores que promove a perpetuación da desigualdade e a supremacía dos homes a través das violencias machistas contra as mulleres, ramificada até o infindo en innúmeros mecanismos de dominación, explícita e implícita.

Dende o STEG opinamos que cómpre por tanto dunha vez "escribir o patriarcado": hai que nomealo e escribilo, escribilo unha e outra vez, até que moleste e incomode, até que sexa intolerábel e haxa que desterralo por sempre, pois  malia que é evidente que xa está inscrito na nosa sociedade, entendemos que a súa invisibilidade ou escasa presenza nos medios de comunicación é unha das grandes bazas con que xoga para que sexa máis difícil combatelo, como se este goteo interminábel e envelenado de atrocidades fosen pingas illadas de desgraza fortuíta e non respondesen en conxunto aos fins dunha ideoloxía moi determinada, a do patriarcado, que precisa desta violencia cotiá, real e simbólica a un tempo, para perdurar.

Así as cousas, dende o STEG xulgamos que a educación é esencial para rematar con esta  lacra pois precisamos mulleres que identifiquen as discriminacións, sendo quen de se rebelaren contra elas a cada momento. Na mesma liña, precisamos tamén homes que sexan quen de se recoñecer nos seus machismos, renunciando aos privilexios que a sociedade lles conferiu. Debemos contribuír a educar persoas valentes e asertivas que denuncien as agresións de todo tipo por parte dos seus familiares, dos seus compañeiros, da súa cultura, dos seus gobernos, da súa sociedade.

Patriarcado, escribe con nós: patriarcado.

Comisión Permanente do Secretariado nacional do STEG
16 de xaneiro de 2017

documento en pdf
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal