Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  CONCURSO DE TRASLADOS   
CONCURSO DE TRASLADOS 16/17
Publicación dos baremos provisionais
A Consellería vén de publicar os baremos provisionais dos concursos xerais do concurso de traslados entre persoal funcionarios docentes dos corpos de mestres, catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, así como o concurso xeral de adultos de primaria e secundaria.
O profesorado pode consultar o resultado do baremo na aplicación do concurso xeral de traslados na aplicación https://www.edu.xunta.es/cxt/
Poden facerse as reclamacións ao baremo a través dos correos electrónicos seguintes:
* Servizo de Primaria: persoal.primaria@edu.xunta.es
* Servizo de Secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Para calquera outra cuestión ou dúbida relacionada co concurso xeral de traslados os teléfonos aos que poden chamar son os seguintes:
* Servizo de Primaria: 981545495 e 981544487
* Servizo de Secundaria: 981545494, 981545408 e 981545406

IMPORTANTE: segundo a información que se nos transmitiu telefonicamente dende a Consellería, aquelas persoas procedentes doutras Comunidades Autónomas que concursasen para Galiza e que non se lles recoñecese o tempo traballado como interinidades deben ter presente o seguinte:

- que a competencia para baremar os méritos é da Consellería de Educación de orixe.
- no caso de que non lle houbesen baremado os servizos interinos deberá presentar unha reclamación ante dita Consellería.
- cando se publique a resolución provisional do concurso de traslados deberá volver reiterar a súa reclamación ante dita Consellería.
- no suposto de que unha vez resolto de forma definitiva o concurso de traslados, non fosen baremados os seus servizos interino, deberá presentar un recurso de reposición ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Así as cousas, o STEG intúe que a finalización deste CXT 2017 pode demorarse excesivamente no tempo, debido á posibilidade de que sexan moitos os recursos de reposición que se presenten.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal