Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2016/2017
As competencias, competentes para o que?
Matriculación:   Folla de inscrición
Título da actividade
“I XORNADAS DE DEBATE PEDAGÓXICO: AS
COMPETENCIAS, COMPETENTES PARA O QUE?”

Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secubndaria, Bacharelato, FP, EOI.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 60.

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Horas
11 horas, todas elas presenciais.

Custo da matrícula
afiliación en activo: 15€
afiliación no desemprego: 7,5 €
persoas non afiliadas: 30€

Datas e horario de celebración
venres, 17 de marzo de 2017, de 18,30 a 21,30 h.
Sábado, 18 de marzo de 2017, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 h

Lugar de celebración
Auditorio da Casa do Saber (Vicerreitoría da USC en Lugo)
Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo

Persoas relatoras
- “COMPETENCIAS E COMPETICIÓN: A ESCOLA BAIXO O CONTROL DOS MERCADOS”(con tradución simultánea)
  • con Nico Hirtt (teórico, físico, sindicalista e escritor belga)
- “A ESCOLA E O RURAL NA ENCRUCIJADA”
  • con Alexandra Cabana Outeiro (profesora do IES Lois Peña Novo e cofundadora da Asoc. Cultural Chave das Noces en Castroverde e da Revista Galega de Historia MURGUÍA)
  • Xosé Luís Rivas Cruz “Mini” (mestre e membro da Mesa do Rural, representante parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, músico e activista)
  • e Ramón Fernández Leal (mestre de Educación Primaria no C.R.A. "María Zambrano"- O Rosal Pontevedra e activista social)
- “AS CAPAS DA CEBOLA DO PACTO EDUCATIVO”
  • con Augusto Serrano (ex responsábel de Política Educativa da Confederación de STES)
  • e Branca Guerreiro (inspectora de educación)
- “O PACTO EDUCATIVO: IDEAS PARA UNHA NOVA ESCOLA”
  • Jurjo Torres (profesor da Universidade da Coruña, escritor e membro de Nova Escola Galega)
  • Olalla Rodil (representante parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego)
  • Luca Chao (representante parlamentaria de EnMarea)
  • Luís Manuel Álvarez (representante parlamentario do Partido Socialista de Galicia)

Estrutura das Xornadas


Venres 17 de marzo
(Auditorio da Casa do Saber, Vicerreitoría da USC en Lugo)
18: 30 – 19:00: Recepción das asistentes
19:00 – 21:30 Conferencia de Nico Hirtt “Competición e competencias: a escola baixo o control dos mercados” (con tradución simultánea) e posterior coloquio co público asistente.

Sábado 18 de marzo (Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo)
10:00 – 12:00: “A escola e o rural na encrucillada”, mesa redonda e posterior coloquio e debate coas persoas asistentes, coa intervención de Xosé Luís Rivas “Mini”, Alexandra Cabana e Ramón Fernández.
12: 00 – 12: 30:  Pausa.
12:30 – 14:00: “As capas da cebola do Pacto Educativo”, faladoiro a cargo de Augusto Serrano e Branca Guerreiro
14:00 – 16:00: Xantar
16:00- 19:00: “ O Pacto Educativo: ideas para unha nova escola”, coa intervención de Jurjo Torres, Luca Chao, Luís Álvarez e Olalla Rodil
19: 00 – 20:00: Peche musical con Uxía Senlle e Sèrgio Tannus

Obxectivos
* Identificar os elementos histórico-políticos e sociais que interveñen na asunción dun determinado paradigma educativo.
* Identificar o papel que a linguaxe xoga na asunción do paradigma educativo actual en relación ás competencias.
* Afondar no papel da escola como suxeito tranformador ou non transformador e favorecedor da realidade sociolingüística e cultural da comunidade educativa en que se insire a súa actividade.
* Analizar a situación da escola no eido rural.
* Promover actitudes favorábeis á participación da xente maior na vida da escola.
* Debater sobre a escola, a desigualdade e o decrecemento.
* Identificar os usos perniciosos da linguaxe na conformación do paradigma educativo.
* Promover a asunción de posturas críticas verbo do papel da escola como axente transformador da realidade.
* Reflexionar sobre o papel que cada sociedade lle confire á escola en base á ideoloxía dominante.
* Afondar na dinámica de abandono do eido rural.
* Formular a escola rural como eixo vertebrador da vida comunitaria.
* Favorecer o coñecemento doutros modelos posíbeis de escola cara o futuro.
* Compartir experiencias docentes da escola e do rural dende unha óptica transformadora.
* Compartir e debater propostas no camiño de mellorar a situación do ensino dende replantexamentos críticos da realidade educativa.
* Abrir espazos de debate para o profesorado implicado no tratamento innovador da labor docente.
* Promover alumnado crítico, cooperativo, que investigue e pense.

Contidos
* Enfoque transformador da actividade docente dende o rural.
* Principios conceptuais e estratexias para unha nova escola.
* Estratexias de dinamización da escola no eido rural.
* Contexto socio-político e histórico no contexto do tratamento innovador da actividade docente.
* Propostas de futuro dende o ensino para fornecer o eido rural.

Outra información de interese: as xornadas artellaranse arredor de 4 grandes relatorios coa sucesiva intervención das persoas relatoras e o posterior coloquio e debate coas persoas asistentes.

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas debate pedagóxico”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.

máis información no 982240066 e 647815332
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal