Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Só quedan 10 prazas, inscríbete
O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) vén de anunciar a celebración das I Xornadas de Debate Pedagóxico: as competencias, competentes para o que?, que se desenvolverán en Lugo os días 17 e 18 de marzo (venres e sábado), ao abeiro do convenio de formación asinado coa Consellería (11 horas homologadas).

As mesmas contarán primeiramente o venres cunha intervención e posterior coloquio co público asistente a cargo de Nico Hirtt (será a primeira vez que visita Galiza; teórico, escritor, sindicalista e físico belga que mantén un discurso moi crítico e lúcido coas competencias e coa deturpación por parte do poder neoliberal do papel e dos valores democráticos que deben inspirar a escola na formación das persoas), intervención que leva por título Competencias e competición: a escola baixo o control dos mercados. A conferencia será con tradución simultánea do francés ao galego e terá lugar na Casa do Saber do Vicerreitorado da USC en Lugo.

Dende o STEG valórase que é importante que o seu discurso sexa escoitado tamén na Galiza, polo momento clave en que estamos e polas ameazas que rodean o ensino público, para favorecer a reflexión sobre a cuestión educativa entre o profesorado, as familias e demais axentes da comunidade educativa e da sociedade en xeral.

As Xornadas completaranse o sábado no Salón de Actos da Deputación Provincial, con tres mesas redondas, dúas delas pola mañá: primeiramente, A escola e o rural na encrucillada, coa participación de Mini Rivas(representante parlamentario do BNG, membro da Mesa do Rural, mestre, músico e activista), Alexandra Cabana(profesora do IES Lois Peña Novo, co-fundadora da Asoc. Cultural A Chave das Noces e da Revista Galega de Historia Murguía) e Ramón Leal (mestre no Rosal e activista social) e  a seguir outra sobre As capas da cebola do Pacto Educativo despois, coa participación de Branca Guerreiro (Inspectora de Educación) e Augusto Serrano (ex responsábel de Política Educativa da Confederación de STES) e posterior debate co público asistente en cada unha delas.

Finalmente, á tarde, desenvolverase o “Pacto Educativo: ideas para unha nova escola” coa participación de Jurjo Torres (profesor da UDC, escritor e teórico) e das representantes parlamentares dos principais partidos políticos do país (Luca Chao de EnMarea, Luís Álvarez do PSdG e Olalla Rodil do BNG) O formato da mesma terá unha primeira parte de intervencións e unha segunda parte de diálogo co público asistente, onde haberá tamén colectivos diversos da comunidade educativa.

O peche das Xornadas correrá a cargo de Uxía e Sèrgio Tannus.

O prezo é:
AFILIACIÓN EN ACTIVO: 15 EUROS
AFILIACIÓN NO DESEMPREGO: 7,5 EUROS
PERSOAS NON AFILIADAS: 30 EUROS

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas debate pedagóxico”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
máis información no 982240066 e 647815332

A inscrición pode facerse na web do STEG:  http://www.steg.gal/inscricion.asp?id=3551
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal