Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Oposicións 2017: Tarde, mal e a rastro
Vimos de coñecer esta semana a decisión (á fin!) da Consellería de convocar oposicións para este ano. Vaia por diante que dende o STEG consideramos que é necesaria esta convocatoria para estabilizar a plantilla de persoal docente, pero tamén entendemos que se podería ter feito infinitamente mellor (xaora!), polos seguintes motivos:

-En primeiro lugar, as prazas ofertadas son a todas luces insuficientes. Para manter un ensino público de calidade é imprescindible diminuír a taxa de interinidade, e iso só se consegue cunha taxa de reposición superior ao 100% das xubilacións. É insultante que mentres se recortan unidades no ensino público, cada curso se concerten novas unidades no ensino concertado e incluso en centros que segregan por sexo.

-Para o STEG resulta tamén vergoñento o seguidismo que amosa esta Administración respecto ao Goberno Central. Sempre atentos na garita ao que digan dende Madrid, pendentes de se daban permiso ou non para convocar, cando e mediante que procedemento. Esiximos, como sempre fixemos, que a Consellería exerza as súas competencias en materia educativa, entre as que están a de decidir cantos postos docentes son precisos para o noso país. E non só iso: insistimos en que se xogou con esta cuestión de xeito irresponsábel, usando a convocatoria de oposicións como chantaxe política, establecendo unha relación de causa- efecto entre a mesma e a aprobación dos Presupostos (argumento que se abandonou de súpeto por arte de maxia).

-Ademais, chama a nosa atención a distribución de prazas por especialidade, con casos coma Orientación, na que, segundo as vacantes que saen no CXT deste ano, quedarán prazas sen cubrir por persoal funcionario, co que nunha especialidade tan delicada e tan importante para o funcionamento dos centros e para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio, aumentará notabelmente a taxa de interinidade e, en consecuencia, a inestabilidade nos postos de traballo. A Consellería incumpre así os principios de inclusión, equidade e xustiza social que, entendemos, é un valor irrenunciábel, especialmente en relación ao alumnado máis desfavorecido.

-As prazas de promoción interna que se ofertan para o corpo de profesorado de Música e AAEE constitúen, na opinión do STEG, un fraude de lei, un intento de perverter o sentido da sentenza do TSX de Galiza que lle quitaba a razón á Consellería, e unha inxustiza que seguiremos denunciando por todas as vías que nos sexa posíbel. É curioso que cando a Administración intenta argumentar esta reserva de prazas semella que usa os mesmos argumentos que sostemos no STEG para reclamar dende hai anos un corpo único de docentes, pero NON ASÍ.

En resumo, dende o STEG esiximos unha oferta de emprego público cun número de prazas que non resulte ridículo, cunha distribución de prazas por especialidade racional e axeitada ás necesidades, cunha antelación dabondo para dotar de seguridade ás persoas opositoras, e que non se utilice como subterfuxio para tapar as chafalladas e os reveses xudiciais que sofre a Consellería. Pero non: tarde, mal e a rastro.

-documento en pdf

                                                                                                              Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG


                                                                                                          23 DE MARZO DE 2017
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal