Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
A reviravolta das reválidas
A reviravolta das  Reválidas

Volven  as reválidas con lixeiros cambios cos que se pretende facelas máis afables e inofensivas, cando só é un lavado de cara dunha proba que para nada é o que di que é.

Desta volta, preséntanse coma unha proba diagnóstica que pretende sacar á luz as necesidades pedagóxicas que teñan as crianzas.

Dende o STEG levamos tempo sospeitando da actitude da Consellería, ocultando intencionadamente información sobre a reválida de 3º, mentres cada detalle das de 6º e de 4º da ESO era publicado a bombo e pratillo. Por que a Consellería, se estas dúas probas son mostrais, se empeña en que a de 3º (lembremos, crianzas de 9 anos!) as teña que realizar todo o alumnado? A Administración mostra aquí unha teima que ten en contra toda comunidade educativa, sen importarlle a opinión de profesorado, familias e alumnado.

 Igualmente, no referente ás reválidas de 4º da ESO, parécenos pouco serio colgar na web unhas instruccións pendentes aínda de publicar en DOG para unhas probas que se celebrarán en menos de dúas semanas.
   
¿En serio se cre que un só exame que non mide nada máis ca coñecementos (obviando o resto do proceso de ensino-aprendizaxe) pode determinar que se necesita un apoio logo?
Poñamos por caso unha picariña que non ten ningunha dificultade pero ese día erra na proba: precisa apoio e medidas extraordinarias se for o caso? Ou ao revés: un neno que si precisa apoio pero non queda reflectido na proba. Deixamos atrás ese apoio? Pois non, porque existen recursos que xa funcionan dende que as crianzas dan os seus primeiros pasos na escola e son  O Departamento de Orientación (DO), que é o departamento competente e a función titora xunto coas avaliacións iniciais e continua, serían dabondo como para non só detectar as necesidades, senón para poñerlles apoio e medidas axeitadas. Ademais:

- Como se viu o curso pasado, a non asistencia non implicou  perxuízo nin sanción ningunha para o alumnado nin para as súas familias.
- Aínda que non influirán na nota media nin na posibilidade de  promoción, si que figuran no expediente, co cal pode haber nenas/os que  queden xa “marcadas/os” por unha soa proba.
- Adxudícaselle unha nota a un alumnado moi novo, sen considerar  para cada estudante condicionantes fundamentais: contexto sociocultural e  socioeconómico, alumnado con necesidades especiais, etapa do proceso  madurativo, evolución durante o curso, etc.
- Un dos obxectivos non explícitos desta proba é o de crear un  ránking de centros, que na práctica favorece a creación de guetos  educativos, nos que os centros ou comarcas con peores resultados na  proba, serán os que reciban menos recursos para o curso seguinte. Deste  xeito complétase e perpetúase o círculo vicioso iniciado pola  Administración: no inicio de cada curso non se dota dos recursos  necesarios aos centros de ensino público, o que incide negativamente nos  resultados, os centros con peores resultados verán reducidos os seus  recursos en vez de recibiren máis apoios e dotacións como debería ser en  boa lóxica.
- A LOMCE é unha lei moribunda froito do acordo aprobado por maioría parlamentaria no Congreso no seu día (sería desexábel unha nova lei canto antes que a substitúa), polo que  o seu percorrido será moi curto ou nulo. Por tanto, sería desexábel  centrar os esforzos do alumnado e do profesorado no verdadeiramente substantivo e prescindir daqueles elementos que están lonxe de achegar  beneficio ningún para o Ensino.
- Trátase dun ataque e un menosprezo brutal á avaliación gobal e continua realizada nos propios centros de traballo polas/os titoras/es e déixase de lado o carácter sumativo e formativo que debera posuír a  avaliación.
- Condiciona o traballo do profesorado que só poderá traballar os  contidos para esa proba, deixando de lado o currículo ordinario e  perdendo polo camiño os contidos necesarios para que os procesos de  ensino-aprendizaxe sexan os mellores para o alumnado.
- Non facilita solucións para corrixir as dificultades na adquisición de competencias (ten un marcado carácter sancionador), ignorando medidas de probada efectividade como:
  • Aumentar o profesorado de apoio
  • Reducir a carga horaria do persoal docente
  • Reducir as ratios de alumnado
  • Recuperar o investimento na atención á diversidade como un dos  eixos fundamentais para un ensino público de calidade, conforme aos  criterios de igualdade, equidade e xustiza social, corrixidor da fonda  desigualdade social que está a vivir o noso país.
Se o que se pretende coas reválidas é precisamente detectar estas necesidades, non fai falla tanta parafernalia, pompa e gasto de recursos humanos, materiais e tempo.
Vendelas  como unha proba de iluminación de necesidades é coma quen quere que un só exame determine o futuro enteiro dunha persoa.

A educación non traballa así, o ensino é continuo e non se cingue a un só exame que naceu cunha intención de etiquetaxe, clasificadora e neoliberal.

Nos cursos pasados, entre ameazas de todo tipo, o STEG levou a cabo unha exitosa campaña de boicot contra a reválida de 3º na que, grazas á colaboración das familias, conseguiuse  que unha gran parte do alumnado do ensino público non acudise ao seu centro o día de realización das probas, mostrando así o seu rexeitamento frontal a esta medida. E nada pasou, ou si: contribuíuse a deixar moribunda esta LOMCE. Daquela: perseveremos na protesta.

Un último engadido: a Consellería minte cando di que estas probas non terán efectos académicos xa que mentres non se modifique o Decreto de avaliación de primaria e o seu artigo 6.2, onde fala da promoción de curso: "Os informes das avaliacións individualizadas de terceiro curso de educación primaria e de final de educación primaria teranse en conta", seguirán tendo peso académico, dun ou doutro xeito.

Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
10 de maio de 2017

documento de pdf
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal