Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
O STEG esíxelle á Consellería que teña en conta o alumnado repetidor para calcular as ratios do alumnado
O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) vén de esixirlle por escrito á Consellería de Educación que teña en conta o alumnado repetidor para o cálculo das ratios por aula e a posterior elaboración do catálogo de centros, toda vez que non hai sustento legal ningún que avale esta práctica, redundando a mesma no empobrecemento da calidade do ensino público. Esta situación, se ben non é significativa en provincias con menos densidade demográfica coma Lugo ou Ourense, malia que hai centros que tamén comunicaron esta situación, si se manifesta con especial incidencia nos casos da Galiza Atlántica, sendo a provincia da Coruña e Pontevedra onde esta práctica se manifesta con máis claridade.

Neste senso, non hai na actualidade ningunha previsión legal que ampare modificacións das ratios establecidas na LOE e no RD 132/2010, con excepción das previstas nas propias normas sinaladas(véxase art 87LOE) e que contemplan únicamente a superación da ratio por cuestións de “excepcionalidade” vencelladas con situacións sobrevidas e urxentes que afecten ao dereito de escolarización dos menores.

Igualmente, existe unha Sentenza da Sala 3º Secc 4º do Tribunal Supremo, de data TS 30 marzo 2012, segundo a cal “No es posible el aumento judicial de la ratio para Educación Primaria en los centros escolares sostenidos con fondos públicos por encima del limite fijado por el artículo 157.1 a) de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, con fundamento en el derecho a la libre elección de centro escolar ni en el derecho de los padres a que los hijos reciban la educación moral y religiosa que esté acorde a sus propias convicciones”.

Ademais, o STEG sostén que a única norma vixente vai en senso contrario a esta práctica, e ven a modular as ratios establecidas na LOE e RD132/201, son as disposición previstas ao efecto no Art 87 da propia Lei Orgánica 2/2006 de Educación, cuxo apartado segundo recolle a posibilidade de diminuir as ratios para garantir o dereito a educación do alumnado con necesidades educativas específicas ou autorizar un incremento máximo dun 10% do número máximo de alumnos/as or aula para “atender necesidades inmediatas de escolarización del alumnado de incorporación tardía, bien por necesidades que vengan motivadas por traslado de la unidad familiar en período de escolarización extraordinaria, debido a la movilidad forzosa de cualquiera de los padres, madres o tutores legales, o debido al inicio de una medida de acogimiento familiar en el alumno o la alumna.”

Por todo isto, o STEG esíxelle á Consellería que  se cumplan as ratios de alumnado establecidas segundo a lexislación vixente (25 alumnas/os en educación infantil e primaria, 30 en educación secundaria obrigatoria e 33 en Bacharelato; que do mesmo xeito, o alumnado repetidor se contabilice para as ratios de igual modo que o resto do alumnado e que esta decisión teña efecto inmediato, a fin de que sexa de aplicación no curso 17/18 ao respecto do número de unidades nos centros escolares, e a efectos de cómputo de vacantes para o Concurso de Adxudicación de destinos provisionais(CADP) do mesmo.

Esta acción enmárcase na defensa do STEG dun ensino público de calidade.

Comisión Permanente do Secretariado  Nacional do STEG
8 de xuño de 2017

documento en pdf
documento presentado en rexistro

                                               
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal