Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
A Xunta recorta o gasto en educación pública, o que afondará na crise económica

A Xunta de Galiza anunciou unha redución de 200 millóns nos seus gastos. Co beneplácito da Consellaría de Educación reduce o seu investimento (75 millóns entre educación, sanidade e traballo) o que redundará negativamente na calidade do ensino galego. A decisión da Xunta de Galicia e da Consellaría de Educación fará que a educación das nosas crianzas empeore dificultando tanto a súa formación e, xa que logo, o acceso ao mundo laboral.

A saída da crise económica, tal e como se fai noutros países da nosa contorna, debe contar cunha aposta firme e decidida pola formación das futuras xeracións. Estamos ante un goberno de grandes lemas, de uso propagandístico para vender cortiñas de fume que agochan retrocesos sociais.

Este gasto en educación só pode ser entendido desde posturas pouco interesadas no ensino público como un factor de transformación social para a formación integral das persoas e reequilibrador das desigualdades sociais.

Neste sentido, desde o STEG, esiximos que se manteñan os recursos económicos para o sistema educativo público de ensino e mesmo que se aumenten ata chegar ao gasto dos países da nosa contorna.

Só unha aposta decidida pola educación (e a cuestión orzamentaria é un eixe) nos permitirá construír unha sociedade máis democrática, máis crítica, máis igual, mellor formada para afrontar o seu futuro persoal e social.

Para o STEG esta decisión representa outro paso atrás para o ensino público galego polo que demandamos un cambio de rumbo para non danar un dos bens mais prezados co que conta a nosa poboación: o dereito a un ensino público de calidade e igualitario.

 


Secretariado Nacional do STEG
Abril 2010

Documento en pdf para imprimir

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal