Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
AVISO URXENTE DA CONSELLERÍA
A Subdirección Xeral de Recursos humanos vén de lle remitir nas primeiras horas da tarde e por correo electrónico ás persoas excluídas do proceso de solicitude de comisións de servizo en atención á conciliación da vida familiar e laboral un aviso onde sinala que:

"Bo día.
Comunícolle que se está vde. excluído/a nas comisións de servizos por razóns de conciliación de vida familiar e laboral por causa de non ter solicitado todos os centros da súa localidade de residencia (causa: “non cumpre cos requisitos da convocatoria”), ábrese un prazo que remata o próximo domingo día 23 de xullo, ás 24 horas, para que poida emendar a súa petición e incorporar os centros da súa localidade de residencia na orde que corresponde, a través da aplicación www.edu.xunta.es/cadp, validando de novo a solicitude. Non poderá realizar ningunha outra modificación na súa solicitude.
Se está vde. excluído/a pola causa “documentación xustificativa insuficiente” debe revisar que a súa petición de centros se axusta ao establecido no artigo 4.5 da Orde do 9 de xuño de 2017 e, de non ser así, proceder a emendala no prazo e condicións antes indicadas, para o caso de que sexa admitida a súa solicitude por ter entregado a documentación xustificativa correspondente.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017
O subdirector xeral de Recursos Humanos
"

DE TODOS XEITOS, ESTAMOS A RECIBIR QUEIXAS SOBRE A IMPOSIBILIDADE DE VALIDAR A NOVA INSTANCIA UNHA VEZ REALIZADA A MODIFICACIÓN QUE SE INDICA NO CORREO DA CONSELLERÍA.

O STEG viña de solicitar esta mañá mediante escrito entregado por Rexistro a ampliación do prazo de reclamacións así como unha reunión urxente co responsábel de Recursos humanos para poder avanzar na solución das incidencias acontecidas neste proceso, no camiño de defender os dereitos das traballadoras e traballadores do ensino público.

Agardamos que a información sexa do interese das persoas afectadas, ao tempo que esiximos que haxa máis rigor e seriedade neste tipo de procesos, toda vez que as decisións tomadas poden afectar seriamente as condicións de vida e de traballo das persoas implicadas.

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
21 DE XULLO DE 2017
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal