Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Nota de prensa do STEG
O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino público de Galiza) vén de denunciar que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a través da Xefatura Territorial de Educación de Lugo, está a incumprir unha sentenza xudicial de 2015 do Xulgado Contencioso- Administrativo nº 1 de Lugo, denegándolle a unha docente do Rosalía de Castro a prórroga dunha redución de xornada por enfermidade grave dun fillo.

Esta sentenza, motivada por un recurso de alzada da interesada e dos servizos xurídicos do STEG, significou no seu momento un avance importante no recoñecemento dos dereitos das traballadoras e traballadores do ensino público, desautorizando a interpretación restritiva do artigo 49 apartado e) do Estatuto Básico do Empregado Público, que no seu día fixera a Consellería para denegar a concesión desta redución.

O pasado 30 de agosto a Consellería, a través da titular da Xefatura Territorial de Educación de Lugo, comunicoulle por escrito á interesada que se lle denegaba a súa petición de prórroga, motivando a negativa co mesmo argumento que foi obxecto de pronunciamento da sentenza do xulgado no seu día.

Os servizos xurídicos do STEG xa están a traballar no caso, no camiño de garantir que a Consellería de Educación cumpra o que no seu día ditaminou o xuíz, e considera unha ofensa aos dereitos das traballadoras e traballadores do ensino público este tipo de actuacións, que veñen a por de manifesto, non só a escasa consideración do actual goberno da Xunta polos dereitos das traballadoras e traballadores, senón a falta de respecto polas decisións xudiciais, empobrecendo con estas actuacións a calidade do ensino público.


                                                                    COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

18 DE SETEMBRO DE 2017
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal