Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
DÍA MUNDIAL DA/O DOCENTE. LÉ O MANIFESTO DO STEG

A Internacional da Educación resalta a importancia do financiamento da Educación na Asemblea xeral da ONU, mentres o Goberno do PP reduciu este ano por baixo do 4% do PIB o gasto dedicado ao Ensino.

O pasado 20 de setembro, a Presidenta da Internacional da Educación (IE), Susan Hopgood, e o Secretario Xeral Adxunto, David Edwards, asistiron á Asemblea Xeral da ONU representando aos docentes do mundo. Sobre a mesa está en xogo nada menos que o futuro do financiamento da educación para os 120 millóns de estudantes que hai no mundo sen acceso a unha educación gratuíta, inclusiva e de calidade. A Presidenta Hopgood participou en varias reunións e eventos onde defendeu un aumento do investimento e da priorización, advertiu contra a estreiteza de miras e condenou aos Gobernos que externalizan a súa responsabilidade e déixana en mans de empresas con ánimo de lucro.

Na súa intervención inaugural ante máis de 100 participantes de representantes da sociedade civil e gobernos, destacou que o 10 % do PIB mundial está oculto en paraísos fiscais e que a educación pública de calidade precisa un investimento predicible e sustentable a longo prazo.

Cando damos un paso atrás, vemos o esencial que son as nosas escolas para o beneficio público, para as nosas cidades e países: son a fonte dos nosos valores colectivos. Son o motor dos nosos principios democráticos. E agora é o momento no que debemos ampliar e redobrar os nosos esforzos e os nosos recursos financeiros para lograr que a educación pública sexa a primeira e máis potente opción para os nosos alumnos e a nosa sociedade. Temos a obriga moral de facer isto. Non podemos durmirnos nos loureiros. “Asegurar a calidade da educación pública debe ser un esforzo de todos”, resaltou  na súa intervención ante o Organismo mundial.
Financiamento, valores democráticos e Escola Pública, tres conceptos esenciais que deben sustentar a Educación. Precisamente, cando, a nivel internacional ponse de relevo a importancia destes alicerces, durante os últimos anos, os sucesivos gobernos do PP levaron a cabo unha involución que fixo   diminuír o gasto educativo en miles de millóns de euros, situándoo por baixo do 4% do PIB, moi afastado do que dedican os países da nosa contorna e, a distancia sideral do 7% que se dedica nos países máis avanzados.
    Igualmente, o Ensino Público e os valores democráticos foron duramente atacados e restrinxidos nestes anos, en favor dos grandes grupos privados presentes na Educación e das elites conservadoras. Desde a implantación da LOMCE en 2013 á última Proposición Non de Lei presentada polo PP no Congreso dos Deputados en defensa dos concertos educativos este pasado verán,  o Goberno tentou debilitar a Escola Pública e a participación democrática.

Ante iso, como sostén a Internacional da Educación temos a obrigación moral de asegurar a calidade da educación pública. Nesa tesitura, o STEG e a Confederación de STEs-i sempre imos estar en primeira liña, tanto hoxe, día Mundial dos Docentes, como na práctica do noso quefacer cotizan.


                                                                                                             Secretariado Nacional do STEG
                                                                                                                                                4 de Outubro de 2017.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal