Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O STEG demanda unha rectificación pública das declaracións e a retirada da resolución do proxecto abalar
Onte o STEG xa denunciou nos medios o desvío dos cartos públicos ao ensino concertado incluíndo os colexios que segregan por sexo. No cadro damos os datos:
 
Públicos
Concertados
 
Nº centros
Concedidos
Nº centros
Concedidos
A Coruña
299
33
36
29
Pontevedra
250
24
59
32
Ourense
99
16
18
9
Lugo
115
13
18
8
 
763
86
131
78

** Amosamos na táboa só os centros que imparten EI e EP, só EP e tamén os CPIs. Non hai datos publicados de Lugo e provincia nin tampouco de Vigo.
** Concedeuse este programa a 136 IES, pero non aparecen na comparativa do cadro anterior posto que non existen IES concertados. Ao igual que o nº de EEI non aparecen contabilizadas posto que este programa non as abrangue.

Os centros concertados representan o 14,65 do total e lévanse o 47,5 % dos proxectos: 56 públicos fronte a 47 de concertados.

Desde o STEG denunciamos que a Consellería de Educación non se facilitou o acceso a este programa aos centros do ensino público e aínda menos ao rural. As condicións técnicas para o acceso ao programa tiñan que ser costeadas polos centros sen orzamento específico para adaptarse a esas condicións. Ademais as esixencias técnicas son máis doadas de obter nas cidades (onde están a maioría dos centros concertados) polo que os centros concertados xogaban con vantaxe.

Ademais moitos centros nin sequera recibiron a información necesaria para sumarse ao programa e o que é aínda máis grave, algúns centros como o do CPI de Zas, na Coruña, teñen contratadas as adaptacións técnicas e xa non se seleccionou nesta primeira fase. Ningún responsábel da Consellaría lles explica que é o que teñen que facer: renunciar ás obras? Facelas e solicitalo despois?...
Desde o STEG demandamos que se anule esta selección e que primeiro se facilite aos centros públicos as condicións técnicas precisas para o acceso a este proxecto.

Tamén é preciso un programa de formación do profesorado para mellorar a calidade do ensino e a posibilidade do programa.
Esta forma de actuar demostra outra vez a aposta desta Consellaría polo desvío de cartos públicos para o ensino concertando sen ter en conta as desigualdades xeográficas. En comarcas como Noia, Fisterra, Barbanza, A Rúa de Petín só se conceden a concertados.

As declaracións do Xefe territorial da Coruña desprestixian ao mellor sistema de ensino galego, o ensino público, e ao seu profesorado. Que os centros concertados (onde a maioría do alumnado é dun determinado extracto socioeconómico) leven a maioría dos ordenadores profundizará na brecha social e tecnolóxica e non favorecerá aos que máis o necesitan. Ensancha, así mesmo, a brecha entre o rural e as cidades ante a cal a administración non fai nada por diminuíla. Que os centros concertados teñan esa porcentaxe na selección non responde a unha maior implicación, senón a que son empresas privadas pensadas para extraer todos os recursos posíbeis do sector público.

O STEG súmase así á crítica da asociación de directores de infantil e primaria da provincia da Coruña solicitando a retirada desta resolución e un plan para favorecer o acceso dos centros públicos e denunciará esta situación ante na Mesa Sectorial.

Secretariado Nacional do STEG
Maio 2010

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal