Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
Non ao cambio de modalidade de prestación do servizo dos comedores escolares.

O día 28 de maio, concentrámonos diante do edificio multiusos da Xunta os e as delegadas dos sindicatos STEG e CCOO, xunto coas nais e pais do alumnado que acude aos colexios da Ponte de Doiras, Aníbal Otero (Ribeira de Piquín) e Vicente Casabella (Ourol).

Con este acto quixemos amosar o noso total desacordo coa intención da Consellaría de cambiar a modalidade de prestación do servizo dos comedores escolares destes colexios do rural lucense.

O STEG manifesta o seu total rexeitamento ao continuo desmantelamento de servizos públicos no rural. Entendemos que a “rendibilidade económica” non é o único argumento para pechar servizos, existe unha “rendibilidade social” que non ten nada que ver coa anterior e que, nalgúns casos, pode ser deficitaria economicamente pero rendible socialmente.

Ao mesmo tempo, denunciamos a posible privatización deste servizo de comedor a través de caterings ofertados por empresas privadas coa conseguinte diminución na calidade do mesmo.

 


Secretariado Nacional do STEG
maio 2010

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal