Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2017/2018
Obradoiro de fotografía e edición de son o sábado 17 de marzo
Matriculación:   Folla de inscrición


Título da actividade


“Obradoiro de fotografía e edición de son”

Área:

Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TIC. Recursos didácticos.

Destinatarios:

Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos

Modalidade:

Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas:

Máximo 20

Observacións ás prazas:

En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.
Criterios de selección:
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Horas:

8 horas homologadas, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 4 Información, 4 de posta en común e actividades.

Custo da matrícula

Afiliación en activo: 18
Afiliación no desemprego: 8 €
Persoas non afiliadas: 32 €

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES41 2080 5355 6330 4003 7132, consignando como concepto: “Obradoiro fotografía e son II”. O prazo de inscrición péchase 1 semana antes do comezo da actividade.


Tipo e ámbito de difusión

Ademais de inserir o correspondente anuncio na propia web do STEG, enviarase un cartaz e un díptico da convocatoria do curso aos centros educativos da provincia, así como aos centros limítrofes doutras provincias galegas. Ese díptico recollerá os aspectos relevantes da convocatoria da actividade (entidade convocante; denominación e modalidade da actividade; data, horario e lugar de realización; número de prazas; valoración en horas de formación; persoas relatoras; destinatarios/as; custo da matrícula, criterios de selección e procedemento de inscrición).


Datas e horario de celebración

Sábado, 17 Marzo de 2018, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración

IES Xelmírez I rúa da Poza de Bar s/n 15705 Santiago de Compostela)
Horas
8 horas, todas elas presenciais.

Persoas relatoras

- Diego Pérez Castro

representante sindical do STEG en Compostela.
Músico e compositor. Colaborou con numerosas formacións e artistas galegos, entre os que están ECO, Leo Giannetto Jazz Project, Emilio Rúa, Xestreu, Abe Rábade, Najla Shami e Héctor Lorenzo, Coanhadeira ou Carlos “Pájaro" Arévalo. Mestre de educación musical dende o 2008.
Profesor de Iniciación musical, Orquestra Orff e baixo eléctrico en Estudio Escola de Música do 2006 ao 2008

CENTRO DE DESTINO: CPI AS REVOLTAS (CABANA DE BERGANTIÑOS, A CORUÑA)
ESPECIALIDADE: Educación Musical
TÍTULO DO RELATORIO: “EDICIÓN DE AUDIO E APLICACIÓNS NO ÁMBITO DOCENTE”

- Paula Gómez del Valle   

representante sindical do STEG na Coruña.
Fotógrafa.

CENTRO DE DESTINO: CEIP SAL LENCE (A CORUÑA)
ESPECIALIDADE: PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
TÍTULO DO RELATORIO: PERFECIONAMENTO Á FOTOGRAFÍA E A SÚA APLICACIÓN ÁS AULAS


Nome da persoa coordinadora

Diego Pérez Castro


Estrutura das Xornadas

09: 30 – 10:00: Recepción das asistentes

10:00 – 12:00 Edición de audio dixital. Aplicativos e repositorios

12:00-12:15 Descanso

12:15 – 14:15: Aplicacións didácticas: Podcasts, videorrelatos, radio escolar

14: 15 – 16: 00:  Xantar e descanso.

16:00 – 18:00  Perfeccionamento da fotografía

18:00-18:15 Descanso

18:15-20:15  Aplicación práctica nas aulas

Obxectivos:

•    Coñecer as características xerais do software de edición de son e da fotografía.
•    Xustificar as razóns do uso destas ferramentas no ensino.
    Identificar as principais aplicacións para edición de son e tratamento fotográfico
•    Dar a coñecer as súas características.

Contidos:

 •    Filosofía e características xerais da edición de son e da fotografía.
 •    Vantaxes e inconvenientes no uso das aplicacións para edición de son e de fotografía.
 •    Aplicación da edición de son e da fotografía no ensino.
 •    Manexo básico de Audacity, Soundcloud e GIMP.
 •    Outros programas de software libre máis característicos relacionados coa edición de son e coa fotografía: Gimp, LineCamera, Aviary, OcenAudio, Wavosaur.

máis información no 981580700/ 663027333 e en organizacion@steg.gal
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal