Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
A Consellería dálle a razón ao STEG e á traballadora aprobando a concesión que a Xefatura Territorial de Lugo lle denegara no seu día
En relación á denegación de redución de xornada a unha traballadora dun centro de Lugo  no seu día por parte da Xefatura Territorial de Educación de Lugo, comunicámosvos que a Consellería, dende Compostela, vén de darlle a razón ao STEG e á traballadora, pois notificoulle por escrito ao centro a concesión da mesma á mestra en cuestión, aceptando o seu recurso de alzada contra a denegación da xefatura territorial, redución da que xa dispón dende hai un mes.

A decisión ratifica as posicións e argumentos que o STEG expuxo no seu día ao respecto. Así, queremos manifestar que o STEG lamenta o excesivo celo con que a Xefatura Territorial vén actuando no relativo a esta cuestión, toda vez que debera garantir o respecto aos dereitos das traballadoras e traballadores do ensino público, tendo en conta os feitos relatados e en consideración á sentenza emitida no seu día polo xuíz.

Temos o convencemento pleno de que de seguir por esta vía a administración, a traballadora seguirá vendo recoñecidos os seus dereitos pola vía legal, como manifestamos no seu momento.

O STEG seguirá a defender os dereitos das traballadoras e dos traballadores en todos aqueles foros e eidos onde poida, no camiño de garantir os mesmos e contribuír á calidade do ensino público.


                                                                   COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

11 DE MAIO DE 2018
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal