Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O STEG solicita a retirada da Orde

Desde o STEG queremos salientar que coincidimos coa Consellaría na preocupación polo deficiente coñecemento de linguas estranxeiras no noso país, e polo tanto coincidimos na necesidade de fornecer o sistema educativo de medidas de reforzo de aprendizaxe das mesmas. Ademais, apreciamos a referencia ao contexto europeo e especialmente á noción de plurilingüísmo tal e como é definida pola división de Política Lingüística do Consello de Europa, xa que entre os principais obxectivos do Plurilingüísmo están os de

- Manter a riqueza e a diversidade lingüística do continente,
- Propiciar a tolerancia, o respecto mutuo e a comprensión
- Evitar as situacións de marxinación lingüística e social

Pedimos a Consellaría que sexa consecuente e faga todo o posible por acadar estes obxectivos co galego, agora que vén de descubrir o ben visto que está en Europa

Desde o STEG queremos solicitar a retirada desta orde para substituíla por outra que garanta a consecución dun maior dominio nunha lingua estranxeira para o alumnado pero que non caia nos dous erros gravísimos que comete a Consellaría ao presentarnos esta.

-En primeiro lugar queremos salientar que desde o STEG temos dúbidas fundamentadas sobre as bondades pedagóxicas deste método de aprendizaxe de linguas estranxeiras, fronte a outros métodos probadamente exitosos aos que non lle atopamos ningún “dano colateral” como os que ten o proposto polo CLIL. Abonda con dicir que a idea na que se basea, a noción de currículum integrado, ten entre os seus obxectivos: “Demostrar que a adquisición de contidos non lingüísticos prodúcese con independencia de cal sexa a lingua vehicular empregada
Isto pode ser certo con linguas mutuamente intercomprensibles, como podería ser o caso de moitas linguas romances, pero en absoluto consideramos que sexa así para linguas máis afastadas entre si. Entendemos, xa que logo, que os contidos curriculares resentiranse. Os aspectos positivos que se conseguen para a aprendizaxe da lingua estranxeira son a costa, en moitos casos, da actitude e a aprendizaxe cara a materia a impartir nela. A chamada “alerta intelectual” que salientan os adalides deste método como beneficiosa para a aprendizaxe das linguas ten, como sabemos o profesorado, unha capacidade de mantemento limitada e moitas eivas para grande parte do alumnado.

- A maiores destas obxeccións pedagóxicas, rexeitamos o enfoque que desde a Consellaría se pretende dar a esta “rede de centros plurilingües”, xa que introduce un factor de discriminación no acceso a recursos entre o alumnado de uns centros e outros. Demandamos a esta Consellaría un verdadeiro proxecto de aprendizaxe de linguas estranxeiras para todo o alumnado, independentemente das posibilidades dun centro de sumarse a esta rede. Todo o espírito desta orde está pensado para que o custe á administración sexa o mínimo posible por non estar encamiñado ao conxunto da poboación estudantil. Denunciamos tamén, que sendo como é un proxecto sen vocación de chegar a todo o alumnado, desvíe cartos cara os centros concertados antes de garantir a cobertura de todos os centros públicos do país.

Desde o STEG pensamos que máis que un auténtico programa que promova a aprendizaxe de idiomas entre o alumnado, estamos ante unha serie de medidas nas que a relación entre a rendibilidade política e o custe para administración é redonda, a pesares de non garantir os resultados que di buscar.

Non hai máis que comparar esta inciativa con outras asumidas desde outras Comunidades Autónomas, que inclúen o aumento de 3 a 5 horas de docencia en inglés, redución de horario para o profesorado, cursos de formación en AICOLE para o profesorado… A consellaría aposta por un modelo barato, vistoso e discriminatorio -tentará que apareza como elitista- que non está demostrado que garanta un maior dominio das linguas no medio prazo, nunha estratexia que lle permita afirmar que está a cumprir o seu programa electoral sen ter que facer un investimento real en promover a aprendizaxe de linguas.

Desde o STEG, xa que logo, esiximos a administración que retire esta orde e presente un verdadeiro programa que non sexa discriminatorio e que asuma as medidas longamente demandadas que melloran a aprendizaxe de linguas. Medidas, todas elas, sobradamente avaladas pola experiencia: desdobre dos agrupamentos, aulas de lingua en todos os centros, profesorado nativo, actividades complementarias….

Obxeccións ao articulado

A pesares das recomendacións do CLIL que este proxecto pretende recoller, como o informe que o goberno español remitiu á Comisión Europea, o principal obstáculo para por en marcha este programa –a maiores da iniquidade social- é o feito de non contar con profesorado coa formación acaída.
b) What obstacles to the implementation of this recommendation have been identified?
With respect to CLIL, two are the main obstacles: there is no official qualification for becoming CLIL teachers and most Regions have a shortage of non language teachers with a good command of a foreign language.

Temos que salientar tamén que os informes favorables a esta experiencia que a propia Comisión Europea de Multilingüismo emprega, fala de profesorado maioritariamente cun dominio fluído, bilingües ou nativos na lingua a ensinar.
Teachers working with CLIL are specialists in their own discipline rather than traditional language teachers. They are usually fluent speakers of the target language, bilingual or native speakers

Nada que ver co que esta Consellaría pretende, esixindo un nivel que está moi lonxe de permitir o ensino de ningunha materia nunha lingua da que só se ten un coñecemento de B2, e ningunha formación en AICOLE.

Proposta de modificacións ao articulado

Art. 2.
Pedimos coñecer os criterios que se empregarán para seleccionar os centros que poderán formar parte da rede de centros plurilingües. En ningún caso apoiaremos unha selección dos centros en función da súa maior dispoñibilidade de recursos, xa que entendemos que a presente orde pretende dotar de aínda máis recursos aos centros que máis teñen, en lugar de buscar a mellora dos peores dotados.

Pedimos que a orde recolla qué entende a administración por “impartir unha materia nunha lingua estranxeira”. Pola experiencia das seccións bilingües, baixo a mesma denominación agóchanse realidades moi diversas: profesorado que dá só o léxico da materia e o material escrito na lingua estranxeira e apenas adica unha parte da clase a falar nesa lingua, profesorado que fala un día á semana, outro que introduce algunhas expresións na conversa….Dado que se vai crear unha denominación específica para os centros, darlle unha acreditación ao alumnado e ao profesorado, coidamos que a administración debe fixar os criterios que garantan que non se está a “vender fume” ás familias.
Tamén demandamos que aclare se a expresión “estendéndose progresivamente ao resto de cursos” implica que se dotará aos centros co profesorado necesario para garantir esta extensión ou pretende crear tamén entre o alumnado dos centros novas prácticas discriminatorias, entre aqueles que poden participar en programas bilingües e os que non.

Art. 4.
Solicitamos que só poidan participar os centros da rede pública, e non os da concertada. Ademais, pedimos a modificación da redacción “participar nesta convocatoria” por “participar neste proxecto”.

Preguntamos cal serán as actividades de formación para o centro (será para as persoas que forman parte do proxecto ou para todas as persoas do centro que o soliciten?)

Estas actividades de formación, serán exclusivamente de formación na lingua a empregar ou terán contidos de AICOLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua)?


Art. 5.
Cal é o orzamento que pensa empregar a Consellaría? A cantos centros pensa chegar? De cantos cartos estamos a falar para cada centro? Cal son os criterios que se van a empregar para determinar a cantidade: número de alumnado, unidades, materias que se imparten? Durante cantos anos se pretende dotar economicamente a estes centros?
Lembramos que o Conselleiro defendeu no Parlamento que non facían falla cartos para as aulas de inmersión lingüística en galego para o alumnado de infantil en contornas castelán falante… a pesares de que hoxe en dia é máis doado atopar recursos educativos en inglés via internet que en galego,por exemplo…


Art.6.
Como garantirá a administración que nos centros dunha liña as familias do alumnado conserven o dereito a recibir todas as ensinanzas nas linguas oficiais do pais? Ou pretende descartar destes programas aos centros dunha liña, nunha clara discriminación dos centros do rural? Dotará do profesorado necesario para desdobrar os grupos nestes centros, ou curarse en saúde non escolléndoos para o programa?

2. Consideramos que non debe comezarse por primeiro de primaria, xa que se trata dun curso no que o obxectivo é a aprendizaxe lecto-escritora. Parécenos unha aberración pedagóxica introducilo como lingua vehicular nas materias.

3. De que profesorado está a pensar ao falar de “dispoñibilidade do profesorado”? Esiximos que se inclúa “profesorado especialista”.

Esiximos á administración que empregue este criterio “en función da dispoñibilidade do profesorado” para garantir unha maior optatividade, desdobre de agrupamentos, agrupamentos flexibles…todas as prácticas que sistematicamente ten prohibido en moitos centros a pesares da “dispoñibilidade do profesorado”

4. Como vai afectar ao curriculum da lingua estranxeira? Teremos alumnado aprendendo a dicir mínimo común múltiplo, morgado, peciolo…en inglés? Non é isto o tipo de competencia lingüística que se precisa para o dominio dunha lingua franca. En todo caso, de introduciren este tipo de modificacións no currículum, denunciamos que unha vez máis esta consellaría quere duros a catro pesetas, sen introducir un incremento nas horas de docencia na lingua estranxeira que si se contempla noutras comunidades autónomas (Madrid, Asturias..)

5. Con que orzamento? Coidamos que a adquisición de competencias curriculares non poden recaer sobre actividades extraescolares que non están ao alcance de todo o alumnado. Introduce unha discriminación económica entre eles. Que pasará entre o alumnado do rural e as actividades que supoñan un desprazamento? Quen as sufragará? Pedimos que se retire o relativo ás actividades extraescolares.

6. Que especifique linguas estranxeiras. Opoñémonos ao mesmo tratamento para as linguas ambientais do alumnado e as linguas estranxeiras. Os obxectivos a acadar son diferentes, polo que non ten sentido un tratamento metodolóxico e uns criterios de avaliación comúns. Non nos oporíamos á introdución dunha nova materia:estruturas comúns, que si tería sentido na visión integrada do alumnado sobre as diferentes linguas.

7. O mesmo que en Primaria: actividades extraescolares, que non comecen en primeiro…

Art. 8.
- Esiximos unha proba de nivel para todo o profesorado,realizada por profesorado das EOI. Demandamos que o nivel esixido sexa como mínimo un C1.
- Pedimos que se especifiquen os criterios e os mecanismos polos que a Consellaría habilitará ao profesorado. Aquel que poida acreditar a formación requirida, estará automaticamente habilitado.
- Pedimos a inclusión ao remate do punto 8. De “ sen que vai en contra dos dereitos laborais das persoas situadas antes na listaxe de substitucións”.

- Pedimos a retirada do punto 9, xa que aumenta a distancia entre os centros que poden optar ao programa, en lugar de reducilo. Pedimos que se manteñan os criterios habituais para a participación na formación específica, así coma un verdadeiro plan de formación do profesorado que de resposta á demanda real existente.

- Pedimos a inclusión deste profesorado en todos os centros públicos do país, e non só dos que formen parte da rede.

- Esiximos saber a dotación económica así como os contidos deste programa. Esiximos que inclúa cursos de formación obrigatorios en AICOLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua).

Art. 11.
Esiximos a retirada deste punto. A escolla da persoa responsable da titoria debe seguir os criterios establecidos no ROC de Primaria (quen imparte máis horas ao grupo ) e criterios pedagóxicos para o desenvolvemento das función da titoría.

Art. 12.
- Demandamos os criterios que se empregarán para a escolla de alumnado que terá acceso ao programa bilingüe, ou se a administración pretende dotar de recursos aos centros para que todo o alumnado do nivel no que se pretende comezar podan acceder a el.

-Demandamos a eliminación do punto 3 e 4, xa que afonda na desigualde para o alumnado de centros que non opten a este programa.

Artigo 13.
No punto 2, pedimos que se xeralicen estes apoios, e non só se contemplen para o comezo da etapa.

Art. 14.
Demandamos que a Consellaría dote a todos os centros públicos que demanden este programa dos recursos necesarios para a súa implementación, e que a súa aceptación no mesmo sexa automática.

Art.17
No punto 3. esiximos que a entidade que determine a Consellaría sexa unha entidade pública, nomeadamente as EOIs.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal