Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
O STEG rexeita a negativa do informe da Consellería contrario á creación dunha escola pública dentro de murallas ou terreos colindantes
O STEG Lugo, que fora quen planteara o ano pasado, neste mesmo foro, a necesidade de crear un novo centro público entre murallas ou en terreos colindantes, manifestou o seu rexeitamento ao informe achegado pola Consellería de Educación, a través da Xefatura Territorial de Lugo, que desaconsella a construción dunha escola nesta zona.
 
A petición do STEG-Lugo, secundada no seu día por maioría, fundaméntase na ausencia de centros públicos na citada zona que poidan facilitar o acceso por parte de toda a cidadanía  a unha escola pública e de calidade nesta zona da cidade. Ao criterio do STEG, os argumentos da Consellería (que inclúe os centros concertados para o cómputo das prazas ou ignora a escaseza de prazas públicas na zona aludida) non son abondo pra fundamentar esta negativa.
 
Ao tempo que o STEG manifestou a súa posición, instou tamén ao resto de colectivos e organizacións sindicais a que manifestasen a súa posición ao respecto e se daban por boa a negativa da Consellería.
 
Noutra orde de cousas, o Concelleiro informou –ao fío doutra demanda realizada polo STEG no seu día- que as barandas metálicas solicitadas para asegurar o paso do alumnado e dos peóns no acceso ao IES Leiras Pulpeiro, están case rematadas e é inminente a súa colocación. De igual xeito, comentou que as beirarrúas dos accesos ao Ceip das Gándaras(cuestión pola que o STEG tamén se interesara no seu momento) están incluídas nos presupostos e que por tanto, haberá avances nese sentido tamén.

        Ao tempo, dende o STEG expresouse a incidencia reiterada nos arredores da EPAPU de Albeiros os días de mercado e a conveniencia de que a Policía Municipal poida solventar esta ocupación das inmediacións do centro, no camiño de facilitar o normal desenvolvemento da actividade do centro. O Concelleiro comprometeuse a revisar de novo esta cuestión.




 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal