Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2017-2018
O STEG RECLAMA UNHA SUBA SALARIAL QUE PERMITA RECUPERAR O PODER ADQUISITIVO PERDIDO NOS ÚLTIMOS ANOS
Nas últimas semanas comezou unha negociación entre a Administración e sindicatos do ensino para actualizar o salario do persoal docente, negociacións ás que o STEG como representantes do profesorado, solicitamos asistir, petición que nos foi denegada. Non entendemos os motivos para esa denegación dado que o STEG ten representación nas catro provincias, representando a un colectivo, en número de votos, maior ca algunha das centrais sindicais que o están a negociar.
Dende diferentes partes chegaron cifras e prazos para esa suba ou ¨homologación” salarial, pero no STEG non imos entrar nese intercambio de números, máis propio dun partido de tenis que dun asunto serio coma as retribucións e os dereitos do persoal docente

- Desde o STEG entendemos que NON SE PODE COMEZAR UNHA NEGOCIACIÓN sobre a suba dos nosos salarios sen recuperar o que xa era noso. Poderíase entender que, en época de crise, os salarios non suban, pero non que diminúan!... e, por riba, despois de "superada" a crise, que non se recupere o que nos foi roubado. Esta parte do salario "roubado" corresponde aos complementos específicos das nosas pagas extras durante os anos 2013, 2014, 2015 e 2016; reducións aplicadas só en Galiza de todos os territorios que conforman o Estado.

-Xa existía un acordo de revisión periódica das retribucións das e dos docentes, acordo que a Consellería deixou de aplicar unilateralmente coa escusa dos recortes. O mínimo punto de partida sería recuperar ese acordo para poder melloralo.

-Non nos parece de recibo fixar a cantidade nunha posición concreta dun ránking entre diferentes territorios. Debemos aspirar a ter unhas retribucións xustas independentemente do que suceda fóra de Galiza.

-O poder adquisitivo perdido nestes cursos é algo obxectivo e cuantificable, xa que o IPC evolucionou nunha curva maior que as nosas retribucións (conxeladas desde 2010 e cunhas subas do IPC do 3,1%; 2,5%; 2,6%; 0,5%; 1,6% e 1,2% en 2010, 2011, 2012, 2013, 2016 e 2017).

A Consellería debería partir dese punto para iniciar unha negociación xusta.

-A mellora das condicións de traballo non se debería restrinxir ao meramente económico: débese recuperar o horario anterior aos recortes, o dereito a estar de baixa sen que desconten unha parte do soldo, ou as axudas do fondo de acción social, que foron completamente baleiradas de contido, entre outras medidas.

Todas as condicións que se poñan enriba da mesa e supoñan unha rebaixa do anteriormente exposto son, para o STEG, unha merma das condicións laborais. Seguiremos insistindo no noso dereito a participar nesas negociacións como representantes do profesorado, e estudaremos levar a cabo as accións que consideremos necesarias para acadar unhas condicións laborais dignas e xustas para todo o profesorado.Non descansaremos ata que nos devolvan o que nos roubaron.
-documento en pdf

                                                                             Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal