Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
O STEG esixe que non se demoren ao día 17 as tomas de posesión por parte da Consellería
O STEG DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA NON ESTÁ A CUBRIR AS BAIXAS DE COMEZO DE CURSO
 
Dende o STEG, tivemos coñemento de que:
 
- A Consellería vén de publicar na súa web con data de 12 de setembro as instrucións relativas a esta toma de posesión, onde indica que  as mesmas só terán efectos administrativos con data de 17 de setembro.
 
- que fía ao voluntarismo do profesorado a incorporación previa a ese día. Ao tempo, ponse en risco a propia integridade do profesorado que decida acudir ao seu posto antes, pois están en terra de ninguén a efectos xurídicos, no caso de que aconteza un sinistro ou percance (perda da interinidade, dereitos laborais, salario que correspondería, etc...)
 
- que tal medida supón un deterioro importante da calidade do ensino público, pois o profesorado que chegue nesa data non tivo tempo de coñecer o alumnado e as súas diferentes necesidades, no camiño de mellor organizarse para o comezo do curso escolar.
- que se imposibilita a axeitada coordinación previa co resto do profesorado, ben sexa a nivel de titoría, ben sexa noutros aspectos importantes tamén: proxectos, coordinación dos diferentes equipos, etc.
 
- que o suposto aforro que esta medida puidese traer só vén a empeorar a calidade do ensino público.
 
 
- que finalmente e unha vez máis, quen máis acusará estas medidas é o alumnado con máis dificultades, o cal vai en contra dun ensino que garanta a igualdade de oportunidades, a equidade e a xustiza social.
 
Así llo fixemos saber á Consellería nun escrito que presentamos este mesmo mediodía na Consellería de Educación, no que reclamamos que se corrixa de inmediato esta práctica.

 

                                Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG

                                                martes 12 de setembro de 2018
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal