Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2018/2019

Matriculación:   Folla de inscrición



Título da actividade

“Xornadas sobre autismo: comprensión e estratexias de intervención”




Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de  ABanca: ES30 2080 5251 4330 4014 9434, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas autismo OURENSE”. O prazo de inscrición pecharase 72 horas antes do comezo da actividade.

máis información no 988252323 e 610 433 679 e en ourense@steg.gal
PREZOS

35 euros para persoas non afiliadas ou non membros de

Autismo Ourense, Por eles Tea ou Trascos
15 euros para afiliación de STEG/socias dos colectivos colaboradores ou en situación de desemprego.


Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. FP.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 30  e máximo de 120

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde da realización no pago, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante e as pertencentes aos colectivos colaboradores sobre as que non son afiliación.

Horas
8 horas, todas elas presenciais, distribuídas en mañá e tarde

ESTRUTURA DAS XORNADAS:

Estarán conformadas por diversos relatorios, coas súas correspondentes reflexións, apoios audiovisuais e debates, en atención ao seguinte horario:

- Sábado 3 de novembro

10:00-14:00  BLOQUE I

Programa alumnado no Espectro do Autismo.
1.  Comprender á persoaa para poder apoiar
Ponte no meu lugar.
Non todo é autismo.
A  relación entre intelixencia e  grado de autismo.
Un estilo cognitivo particular e disharmónico.
Os puntos fortes e retos do alumnado no espectro autista.
2.  Creando o fundamental equipo de traballo.
Preparando a chegada da alumna/o por primeira vez ao centro escolar.
Comprendendo ás familias.
O papel da persoa titora
O papel do profesorado de apoio.
A  coordinación entre alumnado, familia, docentes e  profesionais externas.

(11:30- 12:00 PAUSA)

3.  Cómo apoiar á alumna/o nos  problemas de conduta.
Entendendo por que xurden os problemas de conduta.
Avaliación, análise e comprensión dos problemas de conduta.
Apoios e  estratexias de intervención.
Cando xa chegamos: o control das crises.

(14:00 a 16:00 XANTAR)


16:00- 20:00 BLOQUE II

4.  Estratexias de intervención proactivas de apoio á persoa e á contorna.
Creando unha contorna amigable: estruturación da contorna física, anticipación de
actividades, organización autónoma dos materiais, protección ante estímulos
sensoriales daniños, etc.
Principais dificultades académicas.
Estratexias de intervención para facilitar as aprendizaxes en diversas áreas
académicas.
Os exames e as avaliacións
Os deberes.
As excursións e días especiais.
 
(17:30 a 18:00 PAUSA)

 5. A relación coas compañeiras e compañeiros
Mellorar a comprensión e aceptación da compañeira.
O traballo no equipo desde preescolar.
O círculo de amizades.
Os patios de recreo.


Obxectivos

*    Aceptar e valorar as diferenzas do alumnado como un feito de enriquecemento da comunidade educativa.
*     Asegurar que todo o alumnado, sen distinción, acade o grao máximo das súas capacidades, do seu desenvolvemento persoal, social e emocional, así como das competencias básicas e dos obxectivos educativos establecidos en xeral para a etapa da ESO.
*     Deseñar, planificar e desenvolver medidas eficaces de tipo organizativo e curricular,  que dean resposta ás características e necesidades do alumnado.
*     Potenciar a coordinación das liñas de actuación do profesorado que interveña no proceso educativo de cada alumno/a.
*     Fomentar a titoría e a orientación como instrumentos para a prevención, detección e atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
*     Promover a creación e difusión entre o profesorado de materiais, bibliografía ou estratexias educativas.
*     Establecer os mecanismos oportunos para garantir unha adecuada coordinación entre os diferentes profesionais implicados na atención á diversidade: titores/as, profesorado, familias e servizos externos ao centro.
*    Valorar a importancia da convivencia e crear un ambiente de traballo no que o apoio mutuo axude a mellorar o desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado.
*     Crear un clima de cooperación entre o centro e as familias, para favorecer o desenvolvemento do alumnado.
*    Asesorar as familias sobre pautas educativas e recursos sociais, sanitarios, etc.
Estimular a creación de coros no entorno escolar. Para iso se aportarán recursos para traballar cunha formación coral. Como ben di o título da actividade proposta, o coro é unha formación integradora como poucas.

Contidos
    Aprendizaxe en ontornas naturais
*   Sensibilización sobre o contexto.
*  Aprendizaxe en contextos concretos.
*  Apoio da familia e do entorno social.
*     Autocoñecemento.
*     A comunicación do diagnóstico.
*  Valoración da necesidade de apoio en entornos e situacións naturais.
*   Oportunidades para a avaliación e a aprendizaxe.
*    Creación de redes de amizade e apoio.
*    Correción de erros.
*    Coñecemento de costumes e convencións sociais.
*    A necesidade da formación permanente.
*    Recursos didácticos: bibliografía e material audiovisual.
*    Eido emocional: comprensión e coñecemento.
*    Comprensión e explicación do mundo dos pensamentos.
*    A conversa: elección do momento, lugar, persoas e protocolo para iniciar unha conversa.
*    O saúdo.
*     Elección, mantemento e cambio de tema, finalización.
*     Habilidades comunicativas: argumentar, convencer, etc.
*     A comunicación non verbal: contacto ocular, tons de voz, acenos, contacto físico, etc.

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de  ABanca: ES30 2080 5251 4330 4014 9434, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas autismo OURENSE”. O prazo de inscrición pecharase 72 horas antes do comezo da actividade.


DATOS DA PERSOA COORDINADORA DA ACTIVIDADE
Marta Pérez González

Representante sindical do STEG en Ourense

DATOS DA PERSOA RELATORA
Marlene Horna Castiñeiras   
Psicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal