Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2018/2019
Aberto o prazo de matrícula. Faino aquí e accede a toda a información
Matriculación:   Folla de inscrición

8 horas homologadas ao abeiro do convenio de formación suscrito no seu día polo STEG coa Consellería

Denominación da actividade:
Xornadas de Lingua do STEG en Compostela:  "Mariñeiras, labregas da linguaxe"

Modalidade formativa: Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013)

Área: Integración didáctica das TIC. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Coeducación.  Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade.


Destinatarios: Internivel. Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Escolas Oficiais de Idiomas, Música e artes escénicas e Artes plásticas e deseño.

Obxectivos da actividade:

  • Dar a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua e da súa normalización.
  • Dar a coñecer a perspectiva ecolingüística sobre a morte das línguas: a lusofonia como espazo para a resistencia e para a recuperación do galego.
  • Estimular o gusto polo traballo da lingua e propiciar actitudes favorables no profesorado.
  • Afondar no papel da escola como suxeito tranformador e favorecedor da realidade sociolingüística e cultural da comunidade educativa.
  • Reflexionar sobre a situación do galego e das súas diferentes normas no contexto da Galiza.
  • Analizar e afondar no coñecemento do mundo lusófono así como nas súas posibilidades lingüísticas e pedagóxicas para o traballo docente.
  • Coñecer a relación do galego coa lusofonía para mellorar a práctica educativa.
  • Ofrecer ferramentas e recursos de aplicación práctica asociados á lusofonía e á poesía.
  • Abrir espazos de debate para o profesorado implicado no tratamento innovador da aprendizaxe da nosa lingua.
  • Fomentar a coeducación e coñecer a situación da muller con respecto á lingua.
  • Utilizar o teatro como recurso pedagóxico e didáctico.

Programa de contidos:

  • Enfoque comunicativo na aprendizaxe da lingua.
  • Propostas didácticas e estratexias metodolóxicas para as actividades normalizadoras.
  • A poesía no contexto do tratamento innovador da aprendizaxe da lingua.
  • Conceptualización da lusofonía e implicacións sociolingüísticas e culturais.
  • Factores a ter en conta para o deseño de actividades relacionadas coa lusofonía e a poesía.
  • Repertorio musical galego e lusófono.
  • Ferramentas teatrais orientadas a docentes.

Estrutura das xornadas:

10:00 – 10.30. Recepción das asistentas.
10:30 – 11:00.
Relatorio de Valentina Formoso Gosende: o Decreto do Plurilingüismo na Galiza.
11:00 – 12:30.
Relatorio de Antía Cortiças Leira: Mulher e língua, galega e reintegrada, na Galiza.
12:30 – 13:00. 
Pausa café.
13:00 – 14:00.
Relatorio de Susana Vazquez López: Levar a poesía ás aulas.
14:00 – 16:00.
Xantar e descanso.
16:00 – 17:00.
Relatorio de Teresa Moure: Eucaliptalização e desgaleguização, processos paralelos.
17:00 – 19:00.
Obradoiro de teatro Esther Carrodeguas: Vitamina T (de Teatro).
19:00 – 20:00.
Concerto musical de Najla Shami e peche.

Datas e horario de realización:
- Sábado 11 de maio de 2019: de 10 ás 14 horas e das 16 ás 19:30 horas.

Lugar de celebración: Rúa San Roque, Pazo de San Roque, 2, 15704, Santiago de Compostela, antigo SEG e actual Instituto de estudos galegos do CSIC.

Horas: 8 horas, todas elas presenciais.
Número de prazas: Mínimo de 20 e máximo de 100 prazas.
Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coas organizacións sindicais con data de 25/01/08, admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.
Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non o son.

Nome da persoa coordinadora:

Verónica Martínez Delgado. Representante sindical do STEG en Compostela.

Persoas relatoras:

Teresa Moure.
Profesora de Filosofía e Filoloxía da USC.

Antía Cortiças Leira.
Profesora da EOI de Portugués.

Valentina Formoso Gosende.
Profesora de Lingua e Literatura Galegas.

Susana Vasques Lópes. 
Profesora de Lingua e Literatura galega.

Esther Carrodeguas.
Profesora de Música e Artes Escénicas.

Najla Shami.
Música e poetaProfesora de técnica vocal e terapeuta da voz.


Custo da matrícula:
- Persoas afilliadas en activo e persoas en situación de desemprego: 15 €.
- Persoas non afiliadas: 35 €


Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de ABANCA: ES41 2080 5355 6330 4003 7132, consignando como concepto: Matrícula xornadas de lingua: Mariñeiras, labregas da linguaxe. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal