Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2018-2019
O STEG ESÍXELLE Á CONSELLERÍA QUE GARANTA O CUMPRIMENTO DAS RATIOS E RECUPERE O HORARIO DO PROFESORADO ANTERIOR AO 2012
O Goberno do Estado promulgou no BOE do pasado 8 de marzo a Lei 4/2019, de 7 de marzo, de mellora das condicións para o desenvolvemento da docencia e o ensino no ámbito da educación non universitaria. Esta contén un artigo único onde se sinala, dunha banda, que:

 “As Administracións Educativas proverán os recursos necesarios para garantir que non se supere o número máximo de alumnos por aula na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria establecido no artigo 157.1.a) da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e o fixado mediante norma regulamentaria para os restantes ensinos regulados pola citada Lei Orgánica.

e doutra, ao respecto dos horarios do profesorado, que:

As Administracións Públicas con competencias educativas poderán establecer, no seu respectivo ámbito, a parte lectiva da xornada semanal do persoal docente que imparte ensinos regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, en centros públicos, recomendándose con carácter ordinario un máximo de vinte e tres horas nos centros de Educación Infantil, Primaria e Especial e un máximo de dezaoito horas nos centros que impartan o resto de ensinos de réxime xeral reguladas pola devandita Lei Orgánica.

En 2012, o Goberno da Xunta de Feijóo foi un dos que se aplicou con máis esmero nos recortes ao ensino público, aumentando as ratios por riba do legalmente disposto e aumentando o horario lectivo do profesorado, entre outras medidas que deterioraron seriamente a calidade do ensino público. Sete anos despois, o contexto é diferente -o propio Feijóo anunciou fachendoso o pasado 2 de maio que as súas contas presentaban superávit, ao tempo que esixía poder investir o mesmo na sanidade e no ensino-, e un novo Goberno no estado que veu a substituír o Executivo anterior -arrasado pola corrupción-, abre a porta para restablecer medidas que favorezan e melloren o ensino público. A Consellería ten, por tanto, unha oportunidade inmellorábel para amosar o seu compromiso coa calidade do mesmo e, de paso, satisfacer o afán investidor do seu presidente.

O STEG demanda por tanto desta Consellería que proceda a restituír dúas medidas que nunca deberon ser anuladas, a do cumprimento das ratios e a do horario do profesorado anterior ao 2012, no convencemento de que ambas as dúas facilitarán de xeito notábel a mellora das condicións  do propio alumnado así como das traballadoras e traballadores do ensino público, que veñen aturando esta situación demasiado tempo.

-documento en pdf



                                                                                                        Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG


                    7 de xuño de 2019  
     
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal