Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2018-2019
Contra a discriminación machista, a intolerancia o fanatismo
Contra a discriminación machista, a intolerancia o fanatismo

Nos últimos días, moitos centros públicos galegos contactaron co STEG facéndose eco duns feitos dos que tamén informaron numerosos medios de prensa, tanto no país como a nivel estatal. HazteOir.org, o lobby ultracatólico de extrema dereita, vén de lles remitir, por envío postal e por correo electrónico, unha campaña de "PIN parental contra a ideoloxía de xénero". A iniciativa inscríbese na súa campaña #Mishijos#Midecision. Consta dun impreso, dun boletín informativo e dun libro titulado "Dejad a los niños en paz. Una respuesta ciudadana al adoctrinamiento de género."

Dende o STEG xulgamos moi graves estes feitos, que o que difunden é unha mensaxe de humillación e intolerancia inaceptábel e indigna nunha sociedade democrática. Coñecemos dabondo estas actitudes e esta ideoloxía. Son as que historicamente incitaron as mulleres para aceptaren submisamente a súa subordinación, económica e física, ao home e que aínda hoxe condenan a súa aspiración á igualdade e á non violencia como “ideoloxía de xénero”. Son as mesmas que ampararon leis que condenaban a homosexualidade como unha desviación moral puníbel legalmente.

    Tamén se opuxeron ferozmente a calquera lei que ampliase dereitos e liberdades, quer o divorcio, o aborto ou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. É especialmente grave, ademais, que conte con certo beneplácito de organizacións políticas que se din democráticas. Por iso, e porque son ideas desprezábeis, que atentan contra o dereito á igualdade e á non discriminación e que comportan sufrimento para as persoas, menores incluídos, deben ser respondidas, combatidas pola Consellería, tomando incluso as accións legais que se xulguen oportunas. Malia isto, a mellor resposta que podería recibir este grupo de fanáticos retrógrados é o total rexeitamento social, político e administrativo para que cuestións desta natureza desaparezan do espazo público.

 O STEG entende que a escola pública -e calquera outra escola- debe obedecer sempre aos principios de xustiza social, igualdade de oportunidades, inclusión e á cultura de paz. Por iso instamos o profesorado dos centros educativos a que informen e poña en coñecemento da Administración calquera iniciativa deste tipo que teña chegado ou poida chegar ao seu centro.

- documento en pdf

  COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG E ASEMBLEA DE MULLERES
1 DE OUTUBRO DE 2019
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal