Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
PUNTO DE PARTIDA DA RECUPERACIÓN EN MATERIA EDUCATIVA
 
O novo goberno do Estado, saínte do recente proceso electoral, ofrece un programa que debe ser a base de novas políticas que garantan o progreso e a cohesión en materia educativa e que, indirectamente, sirvan de contrapeso ao contexto do noso país, onde a acción do goberno de Feijóo aínda non foi revertida. Pero a decisión do Congreso de dar a confianza ao candidato á Presidencia do goberno, Pedro Sánchez, para formar goberno é unha boa noticia para o mundo educativo que, en primeiro lugar, posibilita que o bloqueo existente ata o de agora desapareza. Se superar a inactividade que o Ministerio de Educación mantivo desde febreiro ao estar en funcións, é xa de seu positivo, o feito de que, ademais o programa presentado, froito do Acordo PSOE-Unidas Podemos, recolla importantes puntos reivindicados desde hai tempo polo STEG e a Confederación Intersindical, é alentador. 
 
En efecto, a derrogación da LOMCE, a eliminación do concerto educativo aos centros que segregan por razón de sexo, a limitación de prácticas abusivas aos centros subvencionados con fondos públicos, o que a nota de relixión non compute a efectos académicos, a extensión do ciclo de 0 a tres anos na rede pública, a extensión da gratuidade a libros, comedores e material escolar a familias en risco de exclusión social, a mellora do sistema de bolsas e a proposta de redución de taxas no ámbito universitario, son todas elas medidas que van contar co apoio do STEG e a Confederación de STEs-i. Hai tamén outras propostas que, na nosa opinión, deben detallarse ou mellorarse: 
 
- a referencia á estabilidade docente debera plasmarse en medidas concretas, do mesmo xeito que a revisión do contrato de interinidade,
“evitando o seu uso abusivo”. 
 
-O Plan estratéxico da Formación Profesional Dual pode conlevar perigos importantes para as condicións laborais dos traballadores en prácticas e, en definitiva, o incremento dos recursos públicos destinados á educación e bolsas que o programa establece no 5% do P.I. B. no ano 2025, debe alcanzarse ao longo desta lexislatura, como moi tarde. 
Se, a iso engadimos que as propostas educativas insírense dentro dun proxecto que potencia as políticas feministas, promove as accións para combater o cambio climático, fomenta a cohesión social, trata de incrementar a xustiza fiscal e expón recuperar dereitos laborais, a perspectiva política que se debuxa para esta lexislatura recentemente iniciada debe movernos a recibir con optimismo a acción que poida desenvolver este novo goberno, en canto se conforme. As dificultades serán -sen dúbida- numerosas, pero o esforzo pode merecer a pena. Agora ben, non hai tempo que perder. Son demasiados os meses que a inactividade política converteu en oportunidades desaproveitadas. Os temas pendentes de resolver son numerosos.

-documento en pdf



COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
     8 DE XANEIRO DE 2020
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal