Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2019/2020
Adolescencia nos trastornos do espectro autista (TEA)



Título da actividade
 
“Adolescencia nos trastornos do espectro autista (TEA), con Marlene Horna"

Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.


Persoas Destinatarias
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, terapeutas que traballe con persoas con TEA.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 60.

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Custo da matrícula

Persoas afiliadas/socias/os da Asociación Capaces ou de Asociacións federadas a Federación Autismo Galicia, persoas afiliadas ao STEG e persoas en situación de desemprego: 15 euros
Persoas non afiliadas: 35 euros
Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o  seguinte  FORMULARIO  e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : 
ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada. O prazo de inscrición péchase o vindeiro luns 17 de febreiro de 2020.
Máis información no 619170890, en capaceslugo@gmail.com lugo@steg.gal , 647815332 e 982240066


Horas e Lugar
8 horas, todas elas presenciais, de 10 a 14 e de 16 a 20 h. o sábado 29 de febreiro en Lugo.


Estrutura da Xornada:

Combinarán relatorios con obradoiros de aplicación práctica, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, en atención ao seguinte horario: de 10:00 a 14:00 e de 16 a 20 h. cos correspondentes tempos de descanso

Obxectivos
*Coñecer e comprender os cambios e desafíos da adolescencia.
*Aprender estratexias de educación afectivo-sexual.
*Aprender estratexias de apoio á autorregulación.
*Ofrecer recursos prácticos que promovan o benestar emocional.
 
Contidos

* O espectro do autismo: fortalezas e retos.
*Cambios na adolescencia.
*A comunicación do diagnóstico.
*A educación afectivo-sexual.
*Uso das redes sociais.
*A autorregulación.
*Habilidades propias do coidado persoal.
*Outras habilidades de autonomía.

Coordinadora: María Guerreiro Muñoz

Datos da persoa relatora

Marlene Horna Castiñeiras

Psicóloga colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal