Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
ás 19,30 h. na Coruña, Compostela e Vigo


MAÑÁ xoves 30 de xaneiro haberá manifestacións na Coruña, en Compostela e en Vigo ás 19:30 horas en defensa das pensións.

Vigo, en Vía Norte
Compostela, na Praza Roxa
A Coruña, na Praza de Portugal

Convocan os sindicatos STEG, CUT, CGT,  Sindicato Ferroviario, Sindicato da Elevación e PROSAGAP, pois consideramos que “non podemos admitir que se normalicen e se consoliden as consecuencias das nefastas políticas capitalistas e austericidas que se nos impuxeron coa escusa da crise para salvar aos poderes económicos das súas propias decisión voraces e insaciablesdeacumulacióndepoder e de diñeiro”.

Dende o STEG, pedímosvos que vos sumedes ás manifestacións, pola necesidade de confrontar os intentos de vendernos que a estafa da crise xa remitiu e que a economía vai ben para intentar instaurar unha normalidade social inexistente, xa que a clase traballadora continua a pagar as consecuencias desa estafa, a sofrer a precariedade laboral, a ver perigar as pensións presentes e futuras, a ser desafiuzada das súas vivendas, a padecer os recortes na sanidade, na educación e nos servizos públicos en xeral.

Por iso é imprescindible a movilización do conxunto da sociedade, sobre todo, das traballadoras e traballadores, das pensionistas, das estudantes e das persoas desempregadas.

Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal