Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
COMUNICADO DO STEG E ESCRITO Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
O STEG, ao respecto da situación no ensino público galego, derivada da pandemia por coronavirus, vén de entregar por rexistro esta mesma mañá, un escrito dirixido ao titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.
Esta acción vén motivada pola falta de información relativa a moitas cuestións que detallamos no mesmo e á suspensión das clases que agora mesmo coñecemos pola prensa, feito inédito que lamentamos:

 

 Lois Pérez Díaz, Secretario de Organización do STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) e en representación do mesmo, con DNI                    e domicilio a efectos de notificación na                                , no relativo á actual situación de pandemia por coronavirus e ás implicacións para a comunidade educativa

 

EXPÓN

 

- Que a situación creada por esta crise viuse agravada nas últimas horas e que é previsíbel e de público coñecemento que empeore durante a fin de semana.

 

- que veñen dándose situacións en datas recentes ao fío desta cuestión que demandan a actuación inmediata da Consellería, pois moitas delas transcenden as funcións e responsabilidades propias das direccións dos centros e do seu profesorado.

 

-que existen multitude de cuestións sobre as que a Consellería debe promulgar instrucións claras e precisas, toda vez que non abonda coa difusión na súa web dos consellos e medidas xenéricas facilitadas pola Consellería de Sanidade.

 

-que as direccións deben enfrontar casos complexos que motivan esta solicitude. Así e por exemplo:

-a actuación diante de casos onde choca o dereito á escolarización con situacións sobrevidas: viaxe e retorno do alumnado ou familias a zonas de risco coas conseguintes implicacións a posteriori,  protocolo e actuación dos centros diante de saídas, excursións programadas ou xa en curso ou canceladas, falta de información sobre anulación de desprazamentos e prácticas do alumnado de FP dual, que facer xa co alumnado catalogado como paciente de risco).

 

-que as numerosas excursións programadas e xa canceladas, están ocasionando un importante perxuízo económico para moitas familias e que non pode quedar nas mans dunha dirección a asunción da responsabilidade deste perxuízo sen o amparo explícito e por escrito dos órganos superiores xerarquicamente constituídos, isto é, a Consellería nos seus distintos niveis.

 

-que esta situación así descrita, requiriría a habilitación dunha partida de compensación para as familias do alumnado, dado o carácter excepcional da situación que motiva a cancelación.

 

-que diante da suspensión das clases, a Consellería debera ir avanzando xa, entre outros, nun plan de medidas de conciliación da vida persoal e laboral das traballadoras e traballadores do ensino público, no camiño de evitar situacións esperpénticas que comezan a acontecer noutros territorios e das que comezamos a ter coñecemento (profesorado ateigando os centros de ensino coas súas crianzas,  por estaren suspendidas as clases pero vérense na obriga de acudiren igualmente ao centro de traballo)

 

 

 

E por todo o anteriormente exposto,

 

SOLICITA

 

a promulgación por parte desta Consellería de Educación dunhas instrucións claras e precisas ao respecto (sen menoscabo de que poidan seren implementadas no curto prazo), no camiño de evitar a confusión, o desconcerto e por tanto a preocupación e intranquilidade que se comeza a percibir en todos os axentes da comunidade educativa.  A asunción destas medidas contribuirá sen dúbida a crear un clima de confianza que afianzará  a cidadanía na resolución desta grave situación.

 

 

 En Lugo, a 12 de marzo de 2019

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

asdo: Lois Pérez Díaz

 

representante sindical do STEG

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal