Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
Algo totalmente inxustificado

Logo de coñecer a RESOLUCIÓN de domingo 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19:

 

1.     O STEG lamenta por quinta vez en catro días a teima de Feijóo por expoñer as traballadoras/es do ensino público a un risco totalmente innecesario e inxustificado, establecendo desta volta quendas rotatorias entre as persoas do equipo directivo de 10 a 13 h.

 

2.     A norma tampouco aclara en que contribúe esta medida á solución da grave crise que enfronta o país nin ofrece xustificación ningunha, máis que a engadir un potencial motivo de empeoramento a unha situación xa de por si moi grave. En que difire, no actual contexto, un centro de seis unidades dun de sete que motive esta diferenciación? Cal é o obxectivo?

 

3.     O STEG lamenta o ton errático no enunciado da norma, onde se alude a centros directivos, que poderían adaptar a mesma ao seu propio contexto –descoñecéndose en que termos-, e dando lugar a equívocos e malentendidos.

 

4.     A norma non alude ás medidas que deberan garantir a non infección das persoas que mañá accederán aos centros. Dispoñen estes de luvas, guantes, solución hidroalcohólicas que garantan unha mínima seguridade neste suposto?

 

5.     No tocante ás alusións realizadas ás clases online, implementou a Consellería con previsión abondo as accións encamiñadas a garantir esta cuestión? Dende o STEG opinamos que non, e que especialmente no rural e en moitos centros do país, nin os centros nin os fogares dispoñen dos medios que permitan levar adiante esta cuestión cun mínimo de garantías.

 

Así as cousas, e tendo en conta o enorme dinamismo desta crise en expansión (no suposto de que a crise se agrave mañá, ¿revocaremos de novo esta resolución con outra nova?) o STEG entende que estas medidas son incongruentes co expresado no Real Decreto de Alarma do Goberno do Estado a Consellería debera ter pechado a todos os efectos os centros de ensino, eximindo da obriga ás persoas dos seus equipos directivos de acudiren do xeito en que sinala dita Resolución.


-documento en pdf

 

 

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

 

                                                                15 DE MARZO DE 2020.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal