Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
O STEG, partidario do seu adiamento
 O STEG, PARTIDARIO DE ADIAR A CELEBRACIÓN DAS OPOSICIÓNS 2020.

Seguen a ser moitos os rumores e sobre todo, clamorosa a indefinición ao respecto das Oposicións 2020, por parte da Consellería de Educación e o goberno de Feijóo.
Primeiro dixeran que o 26 de abril, máis tarde que en maio... No STEG entendemos o complexo e grave da actual situación provocada pola pandemia da COVID-19, pero pensamos tamén que a comunidade educativa en xeral e as persoas opositoras en particular merecen xa unha resposta clara por parte da Consellería.

A actual situación –unha nova prórroga do estado de alarma- e a máis que previsíbel prolongación da mesma durante o mes de maio fan bastante improbábel que se dean circunstancias axeitadas para a celebración das Oposicións 2020, alomenos en xuño ou xullo.

O STEG, hai unhas semanas, manifestouse con cautela diante da indefinición da Consellería, procedendo a realizar unha enquisa a toda a súa afiliación sobre manter ou adiar dita convocatoria. No momento actual, e tendo en conta o sentir maioritario da súa afiliación, o STEG é partidario de adiar a celebración das mesmas, entendendo que non se dan as condicións idóneas para a súa celebración porque:

-a crise sanitaria, malia dar indicios de encarar unha lenta saída, parece lonxe de resolverse, con decenas de miles de persoas afectadas en todo o Estado e un elevado número de vítimas mortais cada día.

-a posibilidade de comprometer a saúde das persoas participantes no proceso (persoas opositoras, tribunais, familiares, traballadoras dos lugares de realización das probas...)

-as situacións varias que xogan en contra dun resultado satisfactorio de moitas das persoas opositoras: estrés e ansiedade xerados pola actual situación, cargas familiares, teletraballo, imposibilidade de acudir aos lugares habituais de preparación das mesmas... Todas estas son cuestións que xa deberan ter motivado un pronunciamento por parte da Consellería e o goberno de Feijóo, no sentido de adialas. Mais parece que, unha vez máis, xoga un papel importante o cálculo político antes có ben común e a responsabilidade.

Así as cousas, o STEG defende en todo caso que:

-as prazas ofertadas para este ano se acumulen á próxima convocatoria e que non se leve adiante ningún recorte no número das mesmas; é necesario e fundamental que se blinden para que non quede posibilidade ningunha de futuros recortes.

- se garanta a permanencia nas listas das persoas aspirantes, dadas todas as posíbeis problemáticas que se puidesen derivar pola situación excepcional que estamos a padecer.

Dende o STEG defendemos unha vez máis que, nas circunstancias xeradas pola crise sanitaria, na que posibelmente se produza un aumento da taxa de interinidade ante a imposibilidade de cubrir prazas antes do inicio do próximo curso, se volva poñer sobre a mesa a cuestión do acceso diferenciado, como medida para unha estabilización real do persoal interino, pois a realidade volve demostrar que é o gran prexudicado ante calquera eventualidade no noso sistema de ensino.

-documento en pdf


                                            COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
17 DE ABRIL DE 2020

   
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal