Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
resumo da mesma e intervención íntegra da Secretaría de Organización
Antonte mércores 13 de maio tivo lugar unha segunda reunión da Conselleira de Educación coas organizacións sindicais e colectivos de familias. Na mesma, que se prolongou durante pouco máis de 2 horas, a Conselleira, o Secretario Xeral de Educación e un par de Directores Xerais trasladáronnos que a Consellería de Educación non podía adoptar ningunha postura sobre o final do presente curso nin arbitrar máis medidas sen dispoñer antes de máis información por parte do Goberno do Estado. Sorprendeu bastante esta cuestión, pois na práctica totalidade dos restantes territorios, os gobernos autonómicos xa definiron as súas intencións, nuns casos habendo acordo cos sindicatos e noutros sen el.
O STEG defende que é a Consellería -que para iso ten as competencias educativas- quen ten que desenvolver urxentemente e dunha vez o marco xerado polo Ministerio de Sanidade e en todo caso tiña que ter exposto e concretado nesta reunión que ía defender na reunión de onte xoves co Ministerio, cousa que nos quedamos sen saber.

A reunión contou, desta volta, cunha primeira intervención de 10 minutos da Conselleira e logo abriuse unha quenda de intervención de 5 minutos por cada representante, nun formato que dista moito de ser o máis axeitado para acadar avance ningún.

En todo caso, houbo bastante consenso entre as organizacións sindicais e colectivos en demandar protocolos de hixiene e seguridade claros para a comunidade educativa, dotar de material axeitado a mesma e desistir da reanudación da actividade presencial nos centros a partir do 25 de maio.

Manuel Corredoira, Director Xeral de Educación, interviu para recalcar que "o terceiro trimestre é estritamente de repaso e de recuperación e, no caso de avanzar nalgún contido puntual correspondente a este, só debe ser como elemento motivante para o reforzo de aprendizaxes xa adquiridas ou en sentido de poder recuperar, para nada máis".


Reproducimos, a seguir, a intervención íntegra da Secretaría de Organización do STEG en dita reunión, acordada previamente na Comisión Permanente do Secretariado Nacional e que contou coa participación dos grupos de traballo das diferentes provincias:



"Boa tarde, dende o STEG agradecemos novamente sermos convidadas a esta reunión.

En todo caso, queremos trasladarlle aquí a nosa preocupación por varias cuestións que, ao noso parecer, son importantes e delicadas, e que nos fan pensar que imos na dirección contraria á que sería aconsellable. Na nosa opinión observamos neste tempo por parte da Consellería descoordinación, improvisación, falta de información abondo, ausencia de directrices claras e decisións sobre moitos aspectos educativos que non tiveron en conta nin a realidade dos centros nin a dos estudantes e as súas familias e que parecen definir a súa liña de actuación.

En primeiro lugar, observamos con moita preocupación a nova dinámica de actividade nos centros dende o pasado luns día 11. Se ben é certo que hai trámites como a matrícula para o vindeiro curso que se deben completar e algunhas outras cuestións que garantan o funcionamento axeitado dos centros, parécenos moi grave que a Consellería non teña disposto material sanitario pertinente (xel, guantes e máscaras faciais) que garanta minimamente a saúde e seguridade, non só xa das traballadoras que acoden ao centro, senón de toda a comunidade educativa. Concellos que colaboran, outros que menos, iniciativas por conta da dirección... Pero é a Consellería a que debería ter liderado isto. Por tanto, instámolas aquí a corrixirse neste sentido e respectar a lei de prevención de riscos laborais, nomeadamente o seu artigo 14 e 21.

Doutra banda, temos a impresión de que vostedes pareceron entender que a nosa adaptación á nova situación debíaa asumir o profesorado empregando os seus propios medios e capacidade de improvisación; o traballo docente sostívose, nunha porcentaxe moi importante, pola colaboración entre profesionais e con recursos aportados polas propias docentes: ordenadores, conexións, teléfonos móbiles, aplicacións, dispoñibilidade horaria sen restricións e, tamén, o sentido do deber e da responsabilidade. Profesorado que traballou de baixa, por non nomearen vostedes persoas substitutas. Pero todo isto non abonda para que sexamos as primeiras en saber das súas intencións, temos que sabelo de novo polos medios de comunicación.

Ao respecto desta volta e a intención de reincorporar parte do alumnado aos centros a partir do día 25 de maio durante menos de tres semanas, o STEG esixe que non se leve adiante, no camiño de garantir a saúde pública, pois pode contribuír facilmente a novos brotes da COVID-19 e empeorar enormemente a situación. Se non nos queren facer caso a nós, fáganllo alomenos á Organización Mundial da Saúde, que as está a advertir exactamente nestes mesmos termos. Nin se pode garantir a imprescindible separación entre persoas nin a correcta e constante desinfección dos centros. E non se pode descartar a ameaza dun retroceso grave e a consecuente volta ao confinamento e á parálise do sistema. Hai traxedia abondo e non pode volver pasar.

Entendemos tamén que este tipo de decisións teñen que obedecer a un criterio sanitario, a ningún outro. Nin os motivos de conciliación –relegando a función docente a un carácter puramente asistencial e de coidadores-, nin o cálculo político do seu goberno para quedar ben con outros sectores produtivos e económicos deben ser quen guíe esta cuestión. Confiamos en que non se abandonarán desta volta á precipitación doutras ocasións. Pero en caso contrario: en que vai beneficiar isto o ensino público galego e o seu alumnado? E o tema do transporte? E conxugar o telemático e o presencial?

Primeiro pídennos adaptacións das programacións e agora volver aos centros de novo a 3 semanas escasas do fin do curso?


No caso da FP, unhas ensinanzas cunha porcentaxe moi alta de carácter práctico, e cun material e instrumental moi especifico, é moi difícil levar a cabo unha aprendizaxe a distancia, cómpre revisalo tamén .

Nas instrucións oficiais do 27 Abril, no apartado específico para ensino de adultos non se menciona en ningures que facer co alumnado de EBI, que é ensino regrado.

Xa quedou dito que vostede procede do ámbito da sobredotación. E sobredotación é o que imos precisar:

Sobredotación para diminuír a ratio de estudantes por aula de maneira significativa, para aumentar o cadro de persoal, para poder prestar unha atención eficaz ao noso alumnado, particularmente quen máis o necesita e máis dificultades ten, diminuír a carga lectiva das docentes, dotar do material imprescindible de traballo e de ferramentas administrativas. E tamén:

Actualización e unificación de plataformas online.

Necesidade de facilitar os procedementos burocráticos.

Mellores ferramentas para a xeración de horarios.

Matriculación do alumnado de todos os niveis telemáticamente, na medida do posíbel.

Proporcionar o material necesario ao alumnado co obxectivo de asegurar a igualdade de oportunidades: ordenadores ou tabletas, conexións á Internet, substitución dos libros de texto tradicionais por outros formatos se for o caso, etc.

Conclúo. Se isto lles parece un gasto inasumíbel, deben plantearse no actual contexto e dunha vez por todas a anulación dos concertos educativos, especialmente entre aqueles centros que segregan por sexo e garantir dunha vez a calidade do ensino público galego.

Seguro que daría para un bo titular na Voz de Galicia.
"
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal