Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
O STEG demanda por escrito que exerza as súas competencias e responda por escrito unha serie de preguntas fundamentais

O STEG diríxese por escrito á Consellería, pedindo que o alumnado galego non retorne aos centros a partir do 25 de maio e se corrixan as carencias de hixiene e seguridade existentes.

 

O STEG vén de entregar hoxe venres un escrito por rexistro dirixido á titular da Consellería de Educación e á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

No mesmo, en relación á actual situación e no camiño de garantir a seguridade do alumnado, as traballadoras e traballadores e demais axentes da comunidade educativa así como a calidade do ensino público galego, esíxelle á Consellería que, dunha banda, proceda a corrixir as graves deficiencias en materia de hixiene e seguridade laboral en que as traballadoras e traballadores do ensino público galego están a levar adiante o seu traballo dende o pasado día 11, sen medidas de protección axeitadas (xel, máscaras faciais, luvas) que garantan a súa seguridade e saúde.

 

O STEG trasladou tamén a súa opinión de que se podería estar incumprindo a este respecto a Lei de Prevención de Riscos Laborais. Igualmente instouse a Consellería a corrixir decontado esta situación, ditando instrucións e protocolos claros e concisos que corrixan de inmediato esta situación.

 

Paralelamente, o STEG suliñou que o pasado mércores día 13 de maio á tarde, en reunión virtual celebrada pola Conselleira de Educación con distintos colectivos de familias e organizacións sindicais do ensino galego, non se lles deu conta a estes últimos –a diferenza do que xa se fixo na práctica totalidade de territorios do resto do Estado- das intencións da Consellería de Educación ao respecto dun hipotético retorno aos centros de ensino por parte do alumnado a partir do día 25 de maio, como así parecen apuntar todas as previsións e informacións ao respecto.

 

A este respecto, dende o STEG reiteramos o xa manifestado nesa xuntanza, é dicir,

que a Consellería, que é quen ten atribuídas as competencias educativas para Galiza, desista da máis que probábel intención de retomar parte da actividade presencial nos centros públicos de ensino a partir do 25 de maio, pois non se dan as condicións sanitarias que así o aconsellen, a falta de 3 semanas para o remate do curso e na liña amosada pola Organización Mundial da Saúde, que tamén desaconsella este proceder, polo risco que comporta en relación a novos brotes da COVID-19 e un novo colapso do sistema.

 

Porén, na tarde de onte xoves, a Consellería publicou na súa web unha nota de prensa onde sinalaba que “o alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan.”

 

A este respecto e, a falta de dez días de que ese hipotético retorno se produza, o STEG pediulle á Consellería que concretase a través das instrucións correspondentes -en atención ás competencias educativas que ten atribuídas- os acordos tomados na Conferencia Sectorial de Educación celebrada onte xoves entre o Ministerio de Educación e as respectivas consellerías dos diferentes territorios. Igualmente, que a Consellería proceda a ditar instrucións claras e concisas así como protocolos onde conste de xeito explícito que material vai facilitar aos centros así como medidas de obrigatorio cumprimento por parte do alumnado, familias e polos centros.

 

Finalmente, o STEG solicitou da Consellería de Educación unha resposta por escrito ás seguintes preguntas, no caso de que esa hipotética volta aos centros se produza:

 

- que alumnado ou que parte del do sistema educativo galego vai retornar aos centros?

 

- en caso afirmativo, a partir de que data?

 

- cal vai ser o protocolo relativo a medidas de hixiene e seguridade de obrigado cumprimento que garantan a seguridade e saúde dos axentes da comunidade educativa?

 

- quen se vai encargar da limpeza nos centros de traballo e con que frecuencia?

 

- como e canto material EPI (Equipamento de protección individual) en número de unidades se lle vai entregar a cada docente?

 

- quen se vai encargar da sinaléptica e que condicións ten que cumprir a mesma no tocante a distancias e separación de espazos?

 

-que medidas se tomarán a este respecto en relación ao transporte escolar?

 

-como se vai a artellar o traballo telemático e presencial do profesorado?

 

 O STEG pon tamén a disposición da súa afiliación e do resto da comunidade educativa, na medida das súas posibilidades, os medios de que dispón para atender as incidencias que se poidan dar a este respecto no curto e medio prazo e queda á espera dos pasos que dea a Consellería, no camiño de garantir a seguridade e a saúde da comunidade educativa.

 

 

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

 

                                                                   15 DE MAIO DE 2020

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal