Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
Feijóo, o ensino e a Síndrome de Estocolmo
Feijóo, o ensino e a síndrome de Estocolmo.

É difícil superar o cinismo e hipocrisía que está a amosar estes días Feijóo e algún que outro responsábel do goberno galego. O noso presidente foi o único de todos os territorios que protestou contra a partida finalista de 2.000 millóns que o Goberno do Estado puxo á disposición das Comunidades exclusivamente para educación, no camiño de reducir as ratios, contratando profesorado e fornecendo o sistema educativo. Pero Feijóo pediu poder usalo para “outros fins”.  E dende o STEG preguntámonos: cales son eses fins tan importantes que non lle permiten investilo no ensino público? As tarxetas de axuda económica a tres semanas das eleccións? A reforma de 76.000 euros do despacho do director da CRTVG? Ou para o ensino concertado?

Mais a cousa non quedou aí. Nestes días soubemos tamén das recomendacións do Ministerio de Educación, relativas a reducir a 15-20 alumnas por aula as ratios actualmente vixentes para o curso que vén, no camiño de hipotéticos rebrotes da COVID-19. E daquela Feijóo, que hai meses sacaba peito de ser o campión do superavit, anuncia que a Xunta agora non pode proceder á redución das ratios escolares porque non ten fondos. Na mesma liña, a Conselleira Carmen Pomar afirma que non se poden “fragmentar” así as aulas, pois poñeríase en risco segundo ela “a seguridade socioemocional” do alumnado.

Dende o STEG, condenamos enerxicamente esta restra de afirmacións cínicas, falsas e malintencionadas que só xeneran confusión e indignación entre a comunidade educativa. Opinamos que o que cómpre garantir é a saúde e en ningún caso a redución das ratios fragmenta nada, senón que posibilitaría unha atención máis individualizada e mellor ao alumnado, especialmente aquel que máis dificultades ten, agudizadas en moitos casos durante estes últimos meses. Ao tempo é unha medida que avanza na seguridade e saúde da comunidade escolar.

En datas recentes, a Conselleira afirmou tamén en reunión cos sindicatos e colectivos de familias que o Estado era un moi pouco sensíbel a un tema tan importante como a educación. No STEG preguntámonos que entende a Conselleira por sensibilidade pola educación logo dos disparates aquí descritos.

Non nos enganemos, as palabras responden a unha ideoloxía moi concreta, a que amparou os graves recortes nestes dez anos dende a chegada de Feijóo á Xunta, onde o gasto educativo nesta década non chegou ao gasto feito polo anterior goberno bipartito nunha soa lexislatura. Neste tempo que atravesamos o ensino público deteriorouse notabelmente, cunha redución de máis de 1.200 docentes no público, namentres que o ensino concertado –incluídos os centros que segregan por sexo- non só non minguou, senón que viu incrementada a súa plantilla. Os orzamentos para a normalización da lingua galega minguaron nun 70% dende 2010, pero tamén se podería falar de moitas outras cuestións: a privatización de comedores, a redución de dereitos, a FP...

Con seguridade, o curso 19-20 que agora remata quede gravado para sempre nas nosas vidas. A crise derivada da COVID-19 co posterior decreto de Estado de Alarma e o longo confinamento son feitos que tardaremos tempo en esquecer. Convivimos neste tempo coa perda de moitas vidas, a enfermidade, o medo o sufrimento e dificultades de todo tipo.

O que sucedeu despois, xa o sabemos. E así, chegamos a hoxe. A menos dun mes para unhas novas eleccións galegas. Dende o STEG opinamos que estamos nun momento fundamental. O que validará ou non estes anos de “secuestro” ou detraemento de recursos e medios para o ensino público. A campaña continua na televisión pública e nos medios de comunicación afíns parecen sumirnos por momentos nunha prácida Síndrome de Estocolmo, aquel que experimentan as vítimas dun secuestro polos seus captores. Mais queremos, dende a nosa independencia e autonomía como organización sindical, convidar a comunidade educativa a unha seria reflexión sobre a deriva que aconteceu no ensino público durante todos estes anos. E pensar se incidir nestas políticas é o mellor para a educación.

Nós opinamos que non.

-documento en pdf

                                                                Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
 16 de xuño de 2020

 

 

 

 

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal