Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
Traballos da empresa privada Cualtis para a Consellería relativos á elaboración de protocolos e adaptación de instalacións educativas para o inicio do vindeiro curso sen información aos axentes da comunidade educativa
O STEG vén de saber que a empresa Cualtis está a contactar coas direccións dalgúns centros públicos galegos, comunicándolles que foi contratada pola Consellería de Educación para proceder á elaboración dos protocolos de actuación para o inicio do curso que vén. Preguntaron tamén nestes contactos por se as direccións tiñan pensado xa algo cara setembro e que medidas contemplaban, pedindo ao tempo arquivos dos planos dos centros para “dividir” e anunciando a súa visita ás instalacións en días sucesivos, feitos que non constaban tampouco nas diferentes delegacións provinciais de educación.

Diante destes feitos sorprendentes, o STEG puido saber que esta empresa CUALTIS é a nova entidade nada a partir da Sociedade de Prevención de Riscos Laborais de IBERMUTUAMUR, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, a mesma que viña realizando os recoñecementos médicos ás traballadoras e traballadores do ensino nestes últimos cursos.

Mais nesta situación, xorden varias preguntas:

¿licitouse o concurso correspondente que xustificase estas actuacións e contactos que fixesen de Cualtis a adxudicataria do mesmo?

Se foi así, descoñecémolo e dende logo non parece que fose consonte aos debidos criterios de transparencia, publicidade e igualdade de oportunidades.

    En caso afirmativo, por que non se informou os centros? Como poden saber os equipos directivos desta cuestión non menor por persoas da propia empresa?

    Que papel xoga en todo isto o corpo de técnicos da propia Consellería?

Dando por boa a versión da empresa, cal é o custo destes traballos e por que non os fixo a propia Consellería?

    Cales son as directrices técnicas e legais que facilitou a Consellería e que seguirá esta empresa no desenvolvemento dos seus traballos?

Onde quedan os criterios pedagóxicos? E as necesidades concretas do alumnado?

Que criterios sanitarios, educativos e técnicos informan estas actuacións?

Que traxectoria avala esta contratación no eido do ensino? Pois se é a mesma que acreditaba no pasado certas auditorías externas, debemos comezar a preocupármonos seriamente.

Demasiadas sombras e preguntas que dende logo merecen dende xa unha explicación da Consellería á comunidade educativa pero que, á falta da mesma, parecen ir na liña cada vez máis preocupante e habitual de improvisación, privatización a mans amigas e opacidade para co resto dos axentes da comunidade educativa.

O STEG esixirá nas próximas horas unha explicación ao respecto que nos poida poñer na pista de moitas cuestións que agora mesmo descoñecemos e parecen preocupantes abondo como para non actuar neste sentido.

-documento en pdf

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

            22 DE XUÑO DE 2020
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal