Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
mobilizacións, concentracións e folga no ensino os días 10 e 16 de setembro
A Consellaría de Educación mantén a imposición unilateral e sen modificacións do Protocolo para a adaptación dos centros educativos galegos para afrontar a covid-19 no curso 2020/21, co que entendemos está a cometer unha irresponsabilidade. Négase a Xunta de Galicia a aplicar as condicións de distanciamento físico entre alumnado fixadas por entidades internacionais pondo en risco a saúde de todo o persoal dos centros educativos, especialmente o máis vulnerábel.

 

Ademais disto vémonos na obriga de denunciar outras carencias:

    Non existe  unha avaliación de riscos de todos os centros educativos realizada polo servizo de prevención e profesionais con competencia sanitaria.
    Non se tomaron as medidas oportunas para garantir o dereito á educación en igualdade de condicións no caso de ter que recorrer a modelos de educación a distancia, ben sexa de carácter temporal ou permanente, total ou parcial.
    Trasladan as competencias que corresponden á propia  administración ou mesmo a servizos técnicos (prevención de riscos, servizos médicos ….) aos equipos directivos, incrementando a súa carga de traballo e obrigándoos a asumir responsabilidades que non corresponden á función directiva.  

Nestes momentos as organizacións sindicais entendemos como imprescindíbel un compromiso da Xunta de Galicia de incrementar as medidas de seguridade e distanciamento físico fronte ao coronavirus coa conseguinte redución de rateos, o incremento de persoal docente e non docente,  así como unha auténtica negociación do protocolo para podermos ofrecer unha educación presencial coas máximas garantías e unha alternativa de teledocencia con todos os dereitos laborais e de participación do profesorado, do persoal non docente e do alumnado.

Temos claro que o risco cero non existe, pero a volta á escola debe ser nunha contorna da maior seguridade posible para toda a comunidade educativa.


MOBILIZACIÓNS E FOLGA

CIG, CCOO, STEG e CSIF convocamos mobilizacións e folga os días 10 de setembro en Infantil, Primaria e Educación Especial e 16 de setembro no resto de niveis educativos para seguir rexeitando esta imposición da Consellaría e solicitamos a vosa  participación e colaboración. 

Enviamos o enlace ao blogue creado como soporte destas mobilizacións  no que poderedes ler o manifesto: https://escolacontracovid.wordpress.com 

Solicitamos especial colaboración coa resolución para Claustros e Consellos Escolares nestes primeiros días de curso ao considerar necesario un debate e posicionamento nos nosos centros sobre a situación incerta e preocupante provocada pola decisión da Consellaría de manter o protocolo actual:

https://escolacontracovid.wordpress.com/2020/08/28/resolucions/

CONCENTRACIÓNS DIARIAS EN TODOS OS CENTROS

Propoñemos que todo o profesorado así como o persoal non docente se concentre cada día a partir do 1 de setembro ás portas dos nosos centros educativos polas mañás no horario que cada centro considere para amosar o noso rexeitamento ao protocolo e a demanda da rectificación da Consellería.   Podedes descargar material para imprimir directamente desde o blogue

https://escolacontracovid.wordpress.com/2020/08/28/material-para-as-concentracions/

e compartilo nas redes sociais. Podedes enviar tamén as fotos ao correo escolacontracovid@gmail.com para poder centralizalas todas. 

Por un ensino presencial con seguridade, movámonos contra o protocolo. #EscolaContraCovid

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal