Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
O STEG vén de dirixirse á Consellería para que se cambie a denominación do Ceip Eugenio López de Cee, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica
O STEG vén de entregar por rexistro no mediodía de hoxe mércores un escrito onde solicita o cambio de nomenclatura e denominación do centro público de ensino CEIP Eugenio López (Cee, A Coruña).

Esta persoa que lle dá nome ao centro, Eugenio López, foi un destacado membro da nomenclatura franquista e continúa a servir de denominación do colexio público desta vila, sen que as autoridades autonómicas nin tampouco as autoridades locais desen ningún paso para facer cumprir a Lei da Memoria Histórica e satisfacer unha vella e xusta reivindicación da cidadanía democrática, en pleno século XXI.
A hemeroteca pode dar conta dos feitos que denunciamos, así, extraído do arquivo dixital do xornal ABC (ano 1957), con data do 13 de xaneiro, que desde hai algúns anos ofrece acceso libre a toda a súa colección a través desta ligazón: https://www.abc.es/archivo/periodicos/
A reprodución corresponde a unha noticia breve intitulada «CONCESIÓN DE CONDECORACIONES» e o seu primeiro parágrafo sinala: «Por un decreto de la Jefatura del Estado, que publicó ayer el Boletín Oficial, se concede la Encomienda sencilla de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas a los señores D. Luis Martínez de la Ossa, D. José Aguilar Espinosa, D. Guzmán Zamorano Ruiz, D. Ciríaco Elvira, D. Pedro Godoy, D. Antonio Avendaño Porrúa, D. Antonio Rodríguez, D. Juan Ramírez Filosia, don Leonardo Albert Espí y D. Eugenio López López.»

*Información adicional:
extraído neste caso de Imperio. Diario de Zamora de Falange Española de las JONS (ano XXVII, nº 8263, 29 de decembro de 1962) que baixo a epígrafe «Nuevos mandos nacionales» publica unha fotografía co seguinte pé:
«Eugenio López López, delegado nacional de Juventudes». Neste cargo botou media ducia de anos e na prensa da época pódese rastrexar moita da súa actividade no réxime na Delegación Nacional del Frente de Juventudes, que se trataba dunha sección do partido político «Falange Española Tradicionalista y de las JONS», creada polo movemento fascista que detentaba o poder naquela altura para o recrutamento e adoutrinamento político dos mozos españois segundo os principios do «glorioso Movimiento Nacional».

no ano 1968 produciuse o Nomeamento de Eugenio López como novo «Director General de Enseñanza Primaria», e pode consultarse na magnífica hemeroteca Cervantes virtual ao reproducir a portada da revista Escuela Española , ano XXVIII, Núm 1641, Madrid, 28 de maio de 1968, que debaixo da súa enorme foto detalla:

 

«En el pasado Consejo de ministros celebrado el miércoles día 22, fue nombrado director general de Enseñanza Primaria don Eugenio López López, actualmente delegado nacional de Juventudes. El nuevo director general nación en Orense en 1921. Es licenciado en Derecho y pertenece a la carrera fiscal. Ha sido gobernador civil y jefe provincial del Movimiento de Cuenca. Es consejero nacional del Movimiento, procurador en Cortes, miembro del Consejo Nacional de Educación, presidente de los Concursos Internacionales de Formación Profesional, miembro del Comité de Educación Extraescolar del Consejo de Europa, delegado de España en la Conferencia Mundial de la Juventud de la Unesco y Director del Instituto de la Juventud. Es autor de varias publicaciones sobre administración local, emigración, sociografía y política».

 
-escrito de solicitude en pdf
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal