Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2019-2020
concentracións mércores 16 ás 19 h. en cidades e vilas galegas e FOLGA O DÍA 23
 
What do you want to do ?
New mail

O pasado luns 31 de agosto, diante da imposición unilateral e sen modificacións do protocolo de adaptación dos centros educativos galegos para afrontar a covid-19 no curso 2020/21, anunciamos a convocatoria de folga para o xoves 10 de setembro en Infantil, Primaria e Educación Especial e tamén, inicialmente, o mércores 16 de setembro no resto de niveis educativos para seguir rexeitando esta imposición irresponsábel.

            Dende entón, a actuación da Consellería e a sucesión dos feitos non fixo máis ca reafirmarnos nas razóns desta convocatoria de folga –boicoteada pola Consellería cun decreto de servizos mínimos totalmente abusivo- que agora debemos adiar ao mércores 23 de setembro, por mor do aprazamento improvisado do comezo de curso en Secundaria para esa data.

            O 22 de xullo a Consellaría fixaba 1 metro de distancia medido dende o centro das cadeiras, en contra do que previamente asinara a propia Consellaría co Ministerio o 22 de xuño; o 31 de agosto fixaba 1 metro e medio dende o centro das cadeiras e o 10 de setembro optouse por 1 metro e mamparas ou anteparos. Nas últimas horas, a Consellaría filtrou finalmente -por canles oficiosas- que serán tamén os centros quen terán que decidir que facer en cada caso, nun clamoroso abandono das súas responsabilidades, sen asumir o custo das súas decisións e sinalando novamente o profesorado e os equipos directivos como culpábeis dunha situación que ela soa xerou e á que estes son alleos. Esta falsa liberdade está condicionada, en palabras do propio conselleiro, polas limitacións na contratación do profesorado.

A intención é prescindir da necesaria contratación de profesorado, evitar os desdobres e o aumento da distancia de seguridade e, polo camiño, encher os centros galegos de mamparas.

            Esta nefasta xestión da Consellería non lle saíu gratuíta: deixou polo camiño a substitución da anterior conselleira, o cese da súa cúpula, a negativa por escrito de moitos centros de Secundaria a iniciaren o curso no día 16, a dimisión de moitos dos seus equipos directivos e un clima de desgoberno e improvisación que confirma o que denunciamos dende o comezo: as cousas non se deberan ter feito así.

Amais disto, continúa a Xunta de Galicia sen aplicar en todas as etapas educativas as condicións de distanciamento físico de 1 metro e medio entre alumnado fixadas por entidades internacionais pondo en risco a saúde de todo o persoal dos centros educativos, especialmente o máis vulnerábel. 

Continuamos na obriga de denunciar outras carencias:

Non existe  unha avaliación de riscos de todos os centros educativos realizada polo servizo de prevención e profesionais con competencia sanitaria.

Non se dotou convenientemente os centros, profesorado, persoal non docente cos EPI axeitados (equipos de protección individual con máscaras faciais específicas modelo ffp2; no seu lugar, o profesorado por riba ten que lucir as máscaras cirúrxicas co slogan de #SENTIDIÑO)

Non se reforzaron os equipos de limpeza nin se desinfectaron en tempo moitos centros educativos.

Non se activou axeitadamente protocolo ningún nalgúns casos que así o demandaban diante de docentes contaxiados.

Non se tomaron as medidas oportunas para garantir o dereito á educación en igualdade de condicións no caso de ter que recorrer a modelos de educación a distancia, ben sexa de carácter temporal ou permanente, total ou parcial.

Trasladan as competencias que corresponden á propia  administración ou mesmo a servizos técnicos (prevención de riscos, servizos médicos ….) aos equipos directivos, incrementando a súa carga de traballo e obrigándoos a asumir responsabilidades que non corresponden á función directiva. 

Nestes momentos as organizacións sindicais convocantes da folga entendemos como imprescindible un compromiso da Xunta de Galicia de incrementar as medidas de seguridade e distanciamento físico fronte ao coronavirus coa conseguinte redución de rateos, o incremento de persoal docente e non docente,  así como unha auténtica negociación do protocolo para podermos ofrecer unha educación presencial coas máximas garantías e unha alternativa de teledocencia con todos os dereitos laborais e de participación do profesorado, do persoal non docente e do alumnado.

Temos claro que o risco cero non existe, pero a volta aos centros educativos debe ser nunha contorna da maior seguridade posible para toda a comunidade educativa.

MOBILIZACIÓNS E FOLGA

CIG, CCOO, STEG e CSIF convocamos mobilizacións en todas as cidades e principais vilas galegas para o mércores 16 ás 19 h. e FOLGA o mércores 23 de setembro para todos os centros docentes nos que se imparten ESO, Bacharelato, FP,ensinanzas de idiomas e de réxime especial e aos que a Consellaría lles modificou o inicio da actividade lectiva prevista para o día 16 de setembro para seguir rexeitando esta imposición da Consellaría e solicitamos a vosa  participación e colaboración.

As concentracións deste mércores 16 ás 19 horas serán nas seguintes cidades e vilas: 

Santiago de Compostela: Praza de Praterías

A Coruña: Praza de Pontevedra. 

Arteixo: Concello de Arteixo, Praza Alcalde Ramón Dopico.

Betanzos: Cantón Claudino Pita

Carballo: Praza do Concello, s/n.

Cee: Praza da Muller

Ribeira: Praza do Concello

Ferrol: Edificio da Xunta, Praza Camilo José Cela, s/n.

As Pontes: Praza do Carme

Lugo: Edificio da Xunta, Ronda da Muralla, 70. 

Monforte: Praza de España

Ribadeo: Concello. Praza España, 1, 

Viveiro: Concello. Praza Maior

Burela: Concello. Rúa Eijo Garay 20

Ourense: Praza Maior. 

Verín: Concello. Travesía do Concello, 1, 

O Barco de Valdeorras: Concello. Praza do Concello, 2

Pontevedra: Praza da Peregrina

Lalín: Praza de Xaquín Loriga

A Estrada: Praza do Mercado

Vilagarcía de Arousa: Praza de Galiza.

Vigo: MARCO, Rúa Príncipe.

Cangas: Concello. Paseo de Castelao, 2

A Guarda: Praza do Reloxo

Animamos o persoal docente e non docente, anpas, colectivos de profesorado, estudantado e demais axentes da comunidade educativa a participar destes actos de protesta e dignidade.

Igualmente, o venres día 18 ás 11 h. animámosvos a que vos concentredes nos centros de ensino cos cartaces das reivindicacións de #EscolaContraCovid que podedes encontrar no blog do mesmo nome. Enviamos o enlace ao mesmo creado como soporte destas mobilizacións no que poderedes descargar os cartaces para imprimir e ler o manifesto: https://escolacontracovid.wordpress.com e https://escolacontracovid.wordpress.com/2020/08/28/material-para-as-concentracions/

e compartilo nas redes sociais. Podedes enviar tamén as fotos ao correo escolacontracovid@gmail.com para poder centralizalas todas. Por un ensino presencial con seguridade, movámonos contra o protocolo. #EscolaContraCovid

*continuamos solicitando especial colaboración coas resolucións para Claustros e Consellos Escolares nestes días de curso ao considerar necesario un debate e posicionamento nos nosos centros sobre a situación incerta e preocupante provocada pola decisión da Consellaría de manter o protocolo actual: https://escolacontracovid.wordpress.com/2020/08/28/resolucions/

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal