Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2020-2021
a Consellería responde tamén o pedido de información do STEG ao respecto do profesorado técnico de fp
O sindicato STEG vén de obter resposta por escrito da Consellería de Educación á petición realizada de información ao respecto de canto profesorado galego correspondente ao corpo do profesorado técnico de formación profesional non tería a titulación que garantise a súa incorporación ao corpo unificado que prevé a proposta de lei da LOMLOE.

A Consellería informou de que hai 991persoas funcionarias de carrreira que non dispoñen de dita titulación, número ao que habería que sumar 452 persoas interinas na mesma situación.

Para tratar esta problemática, unha representación do STEG encabezada pola nosa compañeira de Compostela, Maica Couto (profesora técnica de FP e secretaría de Confederación), reunirase en persoa o vindeiro martes día 22 con José Luís Mira Lema, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Paralelamente, tiveron lugar esta semana asembleas presenciais na Coruña, hoxe xoves en Vigo e mañá virtual en Compostela, e o luns e o martes están previstas nosvas asembleas sobre esta cuestión, abertas a quen queira participar nelas, na Mariña, en Monforte e posibelmente en Pontevedra.

+info:

En total, 1443 persoas que poderían ver diminuídos seriamente os seus dereitos como traballadoras e traballadores do ensino, se a proposta de lei da LOMLOE non é desenvolta e implementada do xeito que o STEG defende, isto é:

1. Que as persoas funcionarias de carreira pertencentes na actualidade ao corpo de profesoras/es técnica/os de formación profesional que posúan as titulacións previstas no artigo 95 ou aquelas que se habiliten xomo equivalentes en atención ao disposto na D.A Novena, sexan asimiladas de xeito “automático” no corpo de profesorado de secundaria.

2. Habilitar vía Real Decreto polo que se regula o acceso ao corpo docente de titulacións habilitantes, aquelas especialidades nas que non exista oferta pública abondo de grao universitario ou equivalente con suficiente implantación nos territorios e no tempo.

3. A LOMLOE outorga carácter de excepcionalidade á figura da profesora/or especialista, cinguíndose as necesidades do sistema. A tal efecto, e dada a grave precarización que supón esta figura, incídese que non se poidan cubrir con esta figura ningunha das especialidades do profesorado técnico de formación profesional.

4. Establecer as medidas correctoras necesarias para dar garantía de que ningunha docente interina á entrada en vigor da LOMLOE, se vexa afectada de maneira negativa polos cambios normativos introducidos por esta norma, xa que isto suporía a perda de docentes cualificadas e con experiencia.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal