Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Manifesto do STEG polo DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

24 DE XANEIRO: DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN


A terceira edición do Día Internacional da Educación, onte domingo 24 de xaneiro, está marcada este ano pola loita incesante que se libra no mundo contra a pandemia provocada polo coronavirus e que, tanto no noso país como no resto do Estado sitúa a comunidade educativa e o resto da sociedade nun enorme contexto de incerteza, co aumento exponencial de casos nos centros educativos galegos, o lento ritmo de vacinación, a sombra dun novo posíbel confinamento e, por conseguinte, a suspensión do ensino presencial. A repercusión mundial que está a ter a pandemia no eido educativo non ten precedentes: 1600 millóns de estudantes de máis de 190 países víronse afectadas polos peches de centros escolares e universidades. Unha crise desta magnitude esixe unha resposta proporcionada; o sistema educativo galego, para o cal o goberno galego ten atribuídas en exclusiva as competencias, recibiu unha importante partida de diñeiro taxada en 93 millóns de euros dende o goberno central no comezo do curso. Porén, dende o verán, o goberno de Feijóo non deixou de enviar sinais equívocas e contraditorias: namentres nas reunións interterritoriais o presidente galego pedía poder investir o diñeiro con liberdade noutras cuestións, nas manifestacións para consumo interno afirmaba que “non se pode contratar máis profesorado porque non temos recursos abondo”.

Por iso, é importante dar prioridade á equidade en todos os esforzos de recuperación. A única forma de avanzar é aprender as leccións da pandemia e actuar con urxencia. O custo da falta de acción, o perder unha xeración por COVID-19, é algo que sinxelamente non podemos permitírmonos. Unha xeración perdida, desafortunadamente, non é unha esaxeración. En termos globais, polo menos 463 millóns de nenas/os (máis dun terzo do alumnado mundial) non puideron acceder a ningún tipo de aprendizaxe a distancia, xa sexa dixital ou doutra clase nos primeiros meses da pandemia. Aquí, o acceso desigual a materiais dixitais e conexión a Internet para estudantes e docentes creou unha fenda dixital, que acentuou aínda máis as desigualdades xa existentes, coa sombra preocupante tamén no horizonte de peches dalgún centro no rural (Ceip de Baamonde) ou modificacións substanciais do seu servizo de transporte (O Courel), entre outros. A fin de que o uso das tecnoloxías dixitais na educación cumpra a súa promesa de apoiar o logro dunha educación de calidade para todos, o acceso debe ser equitativo.

Doutra banda, o profesorado debe dispoñer da formación, as aptitudes, as competencias e o respaldo necesarios para usar as tecnoloxías educativas consonte ás necesidades pedagóxicas actuais. Debe contarse coa opinión das docentes sobre a introdución destas nos seus lugares de traballo. Nun estudo recente que a International Education realizou recentemente ás súas organizacións membros demostrouse que este non é o caso na actualidade. Máis do 70 % dos sindicatos do ensino consultados destacou que as necesidades de formación do profesorado sobre tecnoloxías dixitais apenas si se cumpren. O 57 % dos sindicatos enquisados declarou non ser obxecto de consultas sobor das tecnoloxías dixitais que prefería o persoal docente, e o 74 % sinalou non participar na avaliación do grao de eficacia das novas tecnoloxías educativas introducidas nas súas clases.

A comercialización da educación no contexto da pandemia é igualmente unha preocupación urxente para o STEG, que implica interpretacións e lecturas filosóficas: a degradación da función docente cos seus elementos emocionais e afectivos e a conversión da escola, orixinariamente concibida como un ecosistema de relacións e aprendizaxes a preservar, sendo substituída por un contexto de mero intercambio de contidos dixitais desprovisto de toda interacción significativa e real, empobrecendo a función social, emancipadora, reequilibradora da desigualdades e como garante de xustiza social que tradicionalmente se lle atribuíu á escola pública. O mercado das tecnoloxías educativas ten un índice de crecemento anual estimado do 18 % e prevese que acade un valor de 28 500 millóns de dólares estadounidenses en 2027.

Nunha investigación levada a cabo pola mesma International Education en 2020 conclúese que os actores privados non só ofreceron as tecnoloxías educativas para apoiar a educación a distancia de emerxencia, senón que pretenderon integrar os seus servizos na educación a longo prazo.

Hai evidencias que demostran que os actores privados tamén se están beneficiando da pandemia na educación postsecundaria e superior. A menos que tamén os sindicatos adopten medidas urxentes, a fenda dixital seguirá pronunciándose, as tecnoloxías educativas non apoiarán a profesión consonte ás necesidades pedagóxicas actuais, e docentes e estudantes por igual seguirán sufrindo violacións dos dereitos á intimidade e á protección de datos por parte dos actores comerciais no ámbito educativo. É fundamental que os sindicatos fornezan a súa capacidade para participar nas discusións de política en materia de tecnoloxías dixitais na educación, e que senten á mesa de negociación cos distintos gobernos sobre esta cuestión. As tecnoloxías dixitais viñeron para quedar pero responden á intencionalidade das persoas. Debemos asegurármonos de que o persoal docente poida desenvolver o seu papel con formación e información abonda á hora de determinar o futuro da profesión. De todas nós depende que a escola siga sendo a utopía, a poesía do garabato ou só un eslabón máis, conquistado polo capital da computación ubícua.

-documento en pdf

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

24 DE XANEIRO DE 2021

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal